Grupo abeliano (novela)
Grupo abeliano | |
---|---|
Título orixinal | Grupo abeliano |
Autor/a | Xosé Cid Cabido |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1999 |
Formato | edición rústica cosida a fío 14,5 x 22 cm |
Páxinas | 152 |
ISBN | 978-84-8302-466-9 |
Premios |
|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Grupo abeliano é unha novela de Xosé Cid Cabido publicada en 1999. Ese mesmo ano foi gañadora do Premio Blanco Amor de narrativa.
Trama
[editar | editar a fonte]A novela narra as peripecias dun grupo de seis ou sete amigos durante unha semana.
A historia comeza in medias res na mañá do primeiro día. O grupo de mozos está na sede do Goberno Civil, e alí convencen o gobernador para que evacúe o edificio e deixe o seu posto. Desde aí diríxense a unha lavandería, onde deixan a lavar os calcetíns, e despois mercan outros novos.
Deseguido continúan, durante sete días, improvisando en boa medida (agás unha visita a unha entidade bancaria) as súas accións: tanto as máis básicas (onde durmir e comer) como as máis lúdicas ou simplemente de entretemento.
Mediante o diálogo e a acción directa non teñen problemas para comeren sen pagar, recargar combustible, e mesmo conseguiren armas de fogo nunha comisaría.
Como fin inmediato teñen conseguir unha furgoneta para iren de viaxe cara ao norte, e cartos para viaxaren durante algúns meses.
Narración
[editar | editar a fonte]A narración está feita en primeira persoa por un dos protagonistas. É unha narración liñal, sen analepses nin prolepse.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Ao castelán por Sara Cid Cabido co título de Grupo abeliano publicado en 2000 por Alianza Editorial, Col. Alianza ficción[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha Arquivado 16 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa