Grupo consonántico
Aparencia
Un grupo consonántivo é o encontro de dúas ou máis consoantes en posicións contiguas da cadea oral (na mesma sílaba se son tautosilábicos ou en distintas se son heterosilábicos. O galego distingue dous tipos: os patrimoniais e os cultos. Os patrimoniais danse en palabras de etimoloxía e evolución na lingua dende antigo e son algúns dos seguintes:
- pr: prata;
- tr: atrás;
- cr: crer;
- br: broma;
- gr: agre;
- fr: frouxo;
- pl: contemplar;
- cl: claro;
- bl: bloque;
- gl: globo;
- fl: flor;
Os grupos dos cultismos son de aparición máis recente, menos regulares nas súas formas e máis difíciles de pronunciar:
- tl: atlántico; (tautosilábico en galego e no castelán de Galicia)
- dr: adrizar;
- dl: adlátere;
- ps: psicose, bíceps; (non sempre pronunciados, tautosilábicos)
- gn: gnomo, significado; (tautosilábico, non sempre pronunciado, e heterosilábico)
- ct: acto; (heterosilábico)
- pt: apto; (heterosilábico)
- ks(t(r)): clímax, externo, extremo; (tautosilábico e heterosilábicos)
- bs: absorber; (heterosilábico)
- ds: adscribir; (heterosilábico)
- kt: directo; (heterosilábico)
- bt: obtuso; (heterosilábico)