Saltar ao contido

Gu Yanwu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGu Yanwu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1613 Editar o valor en Wikidata
Kunshan, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Morte15 de febreiro de 1682 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Causa da mortemorte accidental, caída de cabalo Editar o valor en Wikidata
RelixiónConfucianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, filoloxía e xeografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, erudito, poeta, historiador, estudante, filósofo, astrónomo, xeógrafo, filólogo Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGu Tongying Editar o valor en Wikidata
IrmánsQ51955247 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteQingdai Xuezhe Xiangzhuan (en) Traducir
Seven Hundred Eminent People of the Qing Dynasty (en) Traducir, (p.1583-1585)
Biographies of the Qing dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Gu Yanwu (chinés tradicional: 顧炎武; chinés simplificado: 顾炎武; pinyin: Gù Yánwǔ; Wade-Giles: Ku4 Yen2-wu3), tamén coñecido como Gu Tinglin (chinés tradicional: 顧亭林; chinés simplificado: 顾亭林; pinyin: Gù Tínglín; Wade-Giles: Ku4 T'ing2-lin2), nado o 15 de xullo de 1613 e finado o 15 de febreiro de 1682, foi un filólogo, xeógrafo e erudito chinés da dinastía Qing.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gu Yanwu naceu na provincia de Jiangsu en 1613. Comezou a estudar aos 14 anos. En 1645, Gu foi recomendado para un posto na corte imperial de Nanjing. Alí, propuxo numerosas ideas. Porén, insatisfeito coa organización da corte, dimitiu e regresou á súa vila natal. En 1655, os oficiais locais condenárono a prisión, de onde foi liberado por un amigo.

Inspirado por Chen Di, quen estudou a fonoloxía do chinés antigo, Gu dividiu as palabras desta lingua en dez grupos de rimas. A súa aproximación positivista a múltiples disciplinas, e as súas críticas ao neoconfucianismo, tiveron unha grande influencia en estudosos posteriores. Entre as súas obras, destacan o Yinxue wushu 音學五書 ("Cinco libros sobre o estudo dos sons"), o Ri zhi lu 日知錄 ("Rexistro diario do estudo") e Zhao yu zhi 肇域志. Xunto con Wang Fuzhi e Huang Zongxi, Gu é un dos máis importantes eruditos confucianos de finais da dinastía Ming e comezos da Qing.[1]

En 1682, volvendo dunha viaxe a Huaying, Gu faleceu ao caer do seu cabalo.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]