Saltar ao contido

Guadalupe Nettel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuadalupe Nettel

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Filosofía e Letras da UNAM
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de tesePhilippe Roger (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista, escritora Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Sitio webguadalupenettel.com… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1746358 Dialnet: 1424425

Guadalupe Nettel,[1] nada na Cidade de México o 27 de maio de 1973, é unha escritora mexicana, gañadora do premio de Narrativa Breve Ribera del Duero co libro de contos El matrimonio de los peces rojos (2013) e do Premio Herralde de novela con Después del invierno (2014). A súa obra foi traducida a 17 linguas.[2] Obtivo un doutoramento en Ciencias da Linguaxe na EHESS de París. Colaborou en revistas e publicacións como Granta, The White Review, El País, The New York Times en español, La Repubblica e La Stampa, entre outras. É directora da Revista da Universidade de México da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou parte da súa infancia no sur de Francia.[3] Desde moi pequena padeceu problemas oculares, entre eles nistagmo e cataratas, así como unha mancha arriba dunha das súas córneas. Por mor destas condicións sufriu acoso escolar, feito que, de acordo a Nettel, foi unha das razóns que a levaron a refuxiarse nos libros e empezar a escribir.[4]

Antes de terminar os seus estudos secundarios, que realizou no Liceo Franco Mexicano,[5] obtivo, aos 17 anos, o premio Punto de Partida, organizado pola dirección de literatura da UNAM (1991) e aos 18 o segundo lugar no Grand Prix International a la Meilleure Nouvelle de Langue Française para países non francófonos, organizado por Radio Francia Internacional (1991). Estudou Letras Hispánicas na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM[1] e máis tarde fixo un doutoramento en Ciencias da Linguaxe pola École des Hautes Études en Sciences Sociais de París.[3]

En 2007 foi seleccionada polo Hay Festival como unha das autoras de Bogotá 39. Desde 2017 dirixe a Revista de la Universidade de México[6].

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

Guadalupe Nettel escribiu libros de diferentes xéneros: conto, novela e ensaio. En 2006 publicou a novela El huésped (finalista do Premio Herralde 2005). En 2008 publicou o libro de contos Pétalos y otras historias incómodas. Despois a novela El cuerpo en que nací (2011). En 2013 obtivo o Premio Internacional de Narrativa Breve Ribera del Duero co libro El matrimonio de los peces rojos[3][7] e en 2014 o Premio Herralde de Novela con Después del invierno.[8]

Tamén publicou Para entender a Julio Cortázar, un ensaio curto sobre Julio Cortázar e o ensaio Octavio Paz, las palabras en libertad (Taurus-Colmex) sobre Octavio Paz.

Recibiu outros recoñecementos como o Premio Anna Seghers (2009), o premio franco-mexicano Antonin Artaud (2008), o Premio Nacional de Cuentos Gilberto Owen (2007), o Prix Radio France Internationale (1993) e o Premio Punto de Partida (1992).[9][10]

Participou co conto "Fenêtre" no proxecto In my Room, dirixido pola artista multimedia Agnès De Cayeux no Centro Georges Pompidou e adaptado pola cadea de televisión ARTE.[11]

Entre as recensións dedicadas á súa obra cabe destacar: «Guadalupe Nettel revela a beleza subliminar que hai nos seres de comportamentos estraños e sonda minuciosamente a intimidade da súa alma» (Le Magazine Littéraire); «Os lectores avezados gozarán desa nova voz literaria, tan sofisticada como orixinal, no panorama das letras latinoamericanas» (Arcadia, Colombia); «Unha das máis singulares escritoras mexicanas» (J. A. Masoliver Ródenas, La Vanguardia); «A mirada que pousa sobre as loucuras suaves ou destrutoras, as teimas, as desviacións é dunha agudeza tal que nos remite ás nosas propias obsesións» (Xavier Houssin, Le Monde)

  • Juegos de artificios (1993), Instituto Mexiquense de Cultura
  • Les jours fossiles (2003), Éditions de l'Éclose
  • Pétalos y otras historias incómodas (2008), Anagrama
  • El matrimonio de los peces rojos (2013), Páginas de Espuma
  • El huésped (2006), Anagrama
  • El cuerpo en que nací (2011), Anagrama
  • Después del invierno (2014), Anagrama
  • La hija única (2020), Anagrama
  • Para entender a Julio Cortázar (2008), Nostra Ediciones
  • Octavio Paz. Las palabras en libertad (2014), Taurus

Premios e outros recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Cálamo, categoría Otra mirada por La hija única. (2020).[12]
  • Gañadora do XXXII Premio Herralde de Novela (2014)[13][14]
  • Gañadora do III Premio de Narrativa Breve Ribera del Duero (2013).
  • Gañadora do premio alemán Anna Seghers (2009)[15]
  • Finalista do Premio Herralde (2005)
  • Gañadora do premio franco-mexicano Antonin Artaud (2008)
  • Gañadora do Premio Nacional de Cuento Gilberto Owen (2007)[16]
  • Seleccionada no grupo de autores coñecido como Bogotá 39 (2007)
  • Segundo lugar no Grand Prix International a la Meilleure Nouvelle de Langue Française para países non francófonos, organizado por Radio France Internationale (1991)
  • Gañadora do premio de Nouvelle Jeunes Alliance Française, organizado por Alliance Française (1991)[17]
  • Gañadora, no xénero conto, do XXIV concurso da revista Punto de Partida, organizado pola dirección de literatura da UNAM (1991)


Predecesor:
Marcos Giralt Torrente

El final del amor

 Premio Internacional de Narrativa Breve Ribera del Duero 
2013 El matrimonio de los peces rojos
Sucesor:
Samanta Schweblin

Siete casas vacías

Predecesor:
Álvaro Enrigue

Muerte súbita

 Premio Herralde de Novela 
2014 Después del invierno
Sucesor:
Marta Sanz

Farándula

  1. 1,0 1,1 Sánchez Fernández, Guillermo (decembro 2018-xaneiro 2019). "Mirar desde el cuerpo" (197): 72–87. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  2. "Revista de la Universidad de México". Consultado o 4 de agosto de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Nettel, Guadalupe (2013). "Solapa". El matrimonio de los peces rojos (en castelán). España: Páginas de espuma. ISBN 978-84-8393-144-8. 
  4. "Guadalupe Nettel: "La ceguera determina mucho lo que escribo"". 2014-06-26. Arquivado dende o orixinal o 2021-01-24. Consultado o 2021-01-24. 
  5. "Metáforas animales de Guadalupe Nettel". El Diario de Sevilla. 2013-06-10. Arquivado dende o orixinal o 2021-01-24. Consultado o 2021-01-24. 
  6. "Directorio". xullo de 2019. Consultado o 3 de agosto de 2019. 
  7. "Guadalupe Nettel ganó el III Premio Narrativa Breve Ribera del Duero" (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  8. "La mexicana Guadalupe Nettel gana Premio Herralde de novela - Aristegui Noticias". Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  9. Escritores.org. "Nettel, Guadalupe" (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  10. "Recibe sinaloense Premio Nacional de Literatura Gilberto Owen" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  11. "Guadalupe Nettel". DurangoMas (en castelán). 23 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  12. La Vanguardia (19 de xaneiro de 2021). "Premio Cálamo al Libro del Año para 'El peón' del valenciano Paco Cerdà". Consultado o 19 de xaneiro de 2021. 
  13. El País (3 de novembro de 2013.). "La mexicana Guadalupe Nettel gana el 32 Premio Herralde de Novela". 
  14. "Guadalupe Nettel, Premio Herralde de novela". La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  15. "Guadalupe Nettel y Valeria Luiselli, la nueva novela mexicana". elnuevoherald (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  16. "Guadalupe Nettel - Editorial Páginas de Espuma". Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  17. "Nettel,Guadalupe" (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]