Saltar ao contido

Guerra contra Nabis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guerra contra Nabis
Reino de Esparta, ó sur do Peloponeso.
Tipoguerra Editar o valor en Wikidata
Data
ResultadoVitoria da coalición contra Esparta
LocalizaciónLaconia Editar o valor en Wikidata
Belixerantes
Esparta
Argos
Liga Aquea
Liga Etolia
República de Roma
Reino de Macedonia
Pérgamo
Rodas
Líderes
Nabis
Pitágoras de Argos
Dexagóridas  
Gorgopas
Tito Quincio Flaminino
Eumenes II de Pérgamo
Aristaenos
Forzas
30 000+[1] ~50 000,[2]
98 barcos
Wikidata ]
Mapa do Peloponeso contra o ano -200.

A guerra contra Nabis foi o enfrontamento bélico ocorrido no ano 195 a. C. entre Esparta, polis gobernada polo tirano Nabis, e unha coalición conformada pola Liga Aquea, Pérgamo e Rodas, que comtaba co apoio da República de Roma e o Reino de Macedonia. O conflito tamén é coñecido como a guerra laconiana ou guerra romanoespartana.

Durante a Segunda Guerra macedónica (-200 a -196), Macedonia cedera a Esparta o control sobre Argos, unha cidade importante da costa exea do Peloponeso. A longa ocupación de Argos por Esparta foi empregado como un pretexto por Roma e os seus aliados para declarar a guerra e estabelecer un asedio sobre Argos, capturar a base naval espartana de Xition e, finalmente, asediar a mesma Esparta. As negociacións posteriores levaron a paz de acordo coas condicións impostas por Roma, baixo as cales Argos e as cidades costeiras de Laconia eren liberadas do dominio espartano e os perdedores foron obrigados a pagar unha importante indemnización de guerra. Argos quedou integrada na Liga Aquea, e as cidades de Laconia quedaron baixo protección aquea.

Como resultado da guerra, Esparta perdeu a súa posición como un dos principais poderes militares de Grecia. Todos os intentos espartanos por recuperar as perdas fracasaron, e Nabis, o derradeiro dos seus soberanos, foi asasinado. Pouco despois, Esparta quedaría integrada dentro da Liga Aquea, a súa gran rival, e así concluíron uns cantos séculos de independencia política.

  1. (en inglés) Maurice Holleaux. Rome and the Mediterranean; 218-133 B.C, 190
  2. (en inglés) Maurice Holleaux,Rome and the Mediterranean; 218-133 B.C, 191

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Polibi. The Rise of the Roman Empire. Nova York: Penguin Classics, 1979. Tradución inglesa de Frank W. Walbank ISBN 0-14-044362-2.
  • Baltrusch, Ernst (1998). Sparta. Múnic: C.H. Beck. ISBN 3-406-41883-X
  • Cartledge, P; Spawforth, A. (2002). Hellenistic and Roman Sparta: A tale of two cities. Londres: Routledge. ISBN 0-415-26277-1.
  • Green, Peter (1990). Alexander to Actium: The Historical Evolution of the Hellenistic Age. Os Ánxeles: University of California Press. 2a edició. ISBN 0-500-01485-X.
  • Gruen, Erich (1984). The Hellenistic World and the Coming of Rome. Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 0-520-05737-6.
  • Livi, Titus. Rome and the Mediterranean. Londres: Penguin Classics, 1976. Tradución inglesa de Henry Bettison. ISBN 0-14-044318-5.
  • Holleaux, Maurice (1930). Cambridge Ancient History: Rome and the Mediterranean; 218-133 B.C.. Vol VIII. Os Ánxeles: Cambridge University Press. 1ª edición.
  • Smith, William (1873). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Londres: John Murray.
  • Warry, John (1995). Warfare in the Classical World Londres (Reino Unido), University of Oklahoma Press, Norman Publishing Division of the University by special arrangement with Salamander Books Ltd. Edición 2006. ISBN 0-8061-2794-5.