Saltar ao contido

Guerras sexuais feministas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As guerras sexuais feministas, tamén coñecidas como guerras sexuais ou guerras porno(s), son termos usados para referirse ó conxunto de debates entre as feministas, respecto a varias cuestións amplamente relacionadas coa sexualidade e a actividade sexual. As distintas opinións sobre sexualidade polarizaron o movemento feminista, particularmente os liderados, ó final da década de 1970 e inicio da década de 1980; e continúan a influenciar o debate entre as feministas até o presente.[1] Os lados foron caracterizados polos grupos, feminismo antipornografia e feminismo sexo-positivo, con diverxencias en relación á sexualidade, incluíndo a pornografia, o erotismo, a prostitución, as prácticas sexuais lésbicas, o papel das mulleres trans na comunidades lésbicas, o sadomasoquismo e outras cuestións sexuais. O movemento feminista foi profundamente dividido como resultado deses debates.[2][3][4][5][6]

Dous puntos de vista opostos

[editar | editar a fonte]

Os dous lados foron rotulados de feministas anti-pornografía e feministas sexo-positivo. 

Feministas antipornografía 

[editar | editar a fonte]

En 1976, Andrea Dworkin organizou manifestacións contra o filme Snuff , en Nova York, mais as tentativas para iniciar unha organización de campaña feminista contra a pornografía fallou. Os esforzos foron máis exitosos nos Ánxeles, onde Women Against Violence Against Women foi fundada en resposta á Snuff en 1976; elas fixeron campaña contra o álbum Black and Blue de The Rolling Stones.[7] O movemento americano antipornografía gañou terreo coa fundación da Women Against Violence in Pornography and Media (WAVPM), en 1977, en San Francisco, tras unha conferencia en 1976 sobre a violencia contra as mulleres, realizada polo centro local de mulleres. Os primeiros membros inclúen a Susan Griffin, Kathleen Barry e Laura Lederer. A WAVPM organizou a primeira conferencia nacional sobre a pornografía en San Francisco, en 1978, que incluíu a primeira marcha Take Back the Night.[8] A conferencia levou a organizacións feministas antipornografía en Nova York, en 1979, baixo a bandeira de Mulleres Contra a Pornografia, e de organizacións semellantes e esforzos[Cómpre clarificar] que están sendo creados en tódolos Estados Unidos. En 1983, Page Mellish, unha membro do WAVPM e de WAP, fundou a Feminists Fighting Pornography para se concentrar no activismo político en busca de mudanzas legais para limitar a industria porno. Andrea Dworkin e Catharine MacKinnon buscan leis civís para restrinxir a pornografía e para isto elaboraron o Decreto Antipornografía dos Dereitos Civís.[9]

A partir de 1979, a xornalista feminista, Ellen Willis, foi unha das primeiras voces en criticar as feministas antipornografía, que ela viu como puritanismo, autoritarismo moral e unha ameaza á liberdade de expresión. No seu ensaio de 1981, Horizontes das Luxuria: É o Movemento das Mulleres Pro-Sexo? é onde está a orixe do termo, "feminismo pro-sexo".[Cómpre clarificar][10] A resposta para a vertente do feminismo antipornografía por feministas sexo-positivas, foi promover o sexo como unha fonte de pracer para as mulleres, vendo as posicións antipornografía aliñadas á dereita política de guerra ó sexo recreativo e á pornografía.[11] Grupos iniciais de feministas sexo-positivas inclúen a Samois, fundado en San Francisco en 1978, cuxos primeiros membros inclúen a Gayle Rubin e Pat Califia, e a Lesbian Sex Mafia, fundada por Dorothy Allison e Jo Arnone, en Nova York, en 1981.[12] O Feminist Anti-Censorship Taskforce (FACT) foi creado en 1984 por Ellen Willis, en resposta ao devandito Decreto de Dworkin-MacKinnon,[13] en 1989 foi formado a Feminists Against Censorship no Reino Unido, as súas membros, incluíndo Avedon Carol e o Feminists for Free Expression foi formado nos EUA en 1992, con membros fundadores incluíndo Veronica Vira e Candida Royalle.

  1. Atmore, Chris (2002).
  2. Duggan, Lisa; Hunter, Nan D. (1995).
  3. Hansen, Karen Tranberg; Philipson, Ilene J. (1990).
  4. Gerhard, Jane F. (2001).
  5. Leidholdt, Dorchen; Raymond, Janice G (1990).
  6. Vance, Carole S. Pleasure and Danger: Exploring Female Sexuality.
  7. Bronstein, Carolyn (2011).
  8. Currens, Elizabeth Gail (2007).
  9. Demaske, Chris (2011).
  10. Ellen Willis, Lust Horizons: The 'Voice' and the women's movement Arquivado 18 de maio de 2015 en Wayback Machine., Village Voice 50th Anniversary Issue, 2007.
  11. Johnson, Meri Lisa (2007).
  12. "About us". lesbiansexmafia.org.
  13. Boffin, Tina (1996).