Guión (Lugo)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Guión.
Guión | |
---|---|
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Lugo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Guión foi un periódico semanal editado en Lugo entre 1930 e 1931.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario republicano de Política-Cultura-Información, saíu na terceira semana de marzo de 1930 como substituto do semanario ¡Ahora!, ao que se lle cambiou o título para non coincidir coa cabeceira madrileña do mesmo nome. Periódico de tendencia progresista, estaba dirixido por Avelino López Otero e contou coa colaboración de importantes políticos republicanos de Lugo e intelectuais, que logo participaron na edición de Yunque. Foise radicalizando progresivamente ata chegar ao último número, no que cambiou o subtítulo polo de Semanario de izquierdas. Cesou a súa edición en maio de 1931.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Guión". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Hermida, Modesto (2005). "Guión". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.