Guido Bentivoglio
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (it) Guido Bentivoglio d’Aragona (la) Guidus Bentivolus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de outubro de 1577 ![]() Ferrara, Italia ![]() |
Morte | 7 de setembro de 1644 ![]() Roma, Italia ![]() |
Cardeal bispo de Palestrina | |
1 de xullo de 1641 – 7 de setembro de 1644 ← Pier Paolo Crescenzi (pt) ![]() ![]() Diocese: diocese suburbicaria de Palestrina | |
Camarlengo do Colexio Cardenalicio | |
1631 – 1632 ← Giulio Savelli (pt) ![]() ![]() | |
Roman Catholic Bishop of Riez (en) ![]() | |
11 de xullo de 1622 – 16 de outubro de 1625 ← Guillaume Aleaume (en) ![]() ![]() Diocese: Roman Catholic Diocese of Riez (en) ![]() | |
Cardeal | |
11 de xaneiro de 1621 – 7 de setembro de 1644 | |
Núncio apostólico em França (pt) ![]() | |
8 de setembro de 1616 – 4 de abril de 1621 | |
Arcebispo titular | |
14 de maio de 1607 – 11 de xullo de 1622 ← Giovanni Garzia Millini (pt) ![]() ![]() Diocese: Colossae (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Padua ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma (1621–1644) Francia (1615–1621) Bruxelas (1607–1615) Roma (1600–1607) Padua Ferrara Ferrara ![]() |
Ocupación | sacerdote católico, poeta, escritor ![]() |
Profesores | Antonio Riccoboni (pt) ![]() ![]() ![]() |
Consagración | Ludovico de Torres ![]() |
Participou en | |
9 de agosto de 1644 | Conclave de 1644 (pt) ![]() |
19 de xullo de 1623 | Conclave de 1623 (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Pais | Cornelio Bentivoglio ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() |
Guido Bentivoglio, nado o 4 de outubro de 1579 e finado o 7 de setembro de 1644, foi un cardeal e diplomático italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Anthony_van_Dyck_-_Portrait_of_Cardinal_Guido_Bentivoglio%2C_1623_-_Galleria_Palatina%2C_Florence.jpg/220px-Anthony_van_Dyck_-_Portrait_of_Cardinal_Guido_Bentivoglio%2C_1623_-_Galleria_Palatina%2C_Florence.jpg)
Era membro da rama de Ferrara da influente familia Bentivoglio de Boloña, o fillo máis novo do marqués Cornelio Bentivoglio e Isabella Bendidio. Estudou nas universidades de Ferrara e Padua, onde en 1598 recibiu un doutoramento en lei canónica e civil. Volveu a Ferrara, e entrou ó servizo do papa Clemente VIII tras unha visita que fixera á cidade. O sucesor de Clemente, Paulo V consagrouno bispo titular de Rodas en 1607, cunha dispensa por faltarlle tres meses para ter a idade canónica e por non estar ordenado aínda, para poder exercer como nuncio en Flandres (1607-1615). Posteriormente foi nuncio en Francia (1616-1621).
Á volta a Roma en 1621 o papa creouno cardeal, o cardeal Richelieu e Lois XIII confiáronlle os asuntos franceses na corte papal, posición que retivo ata 1641 cando o papa Urbano VIII o nomeou para a sé episcopal de Palestrina. En 1633 foi un dos que asinaron a condena papal de Galileo. O máis serio candidato a suceder a Urbano morreu na apertura do conclave de 1644.
Escribiu Della guerra di Fiandria na que se describe en estilo elocuente a guerra relixiosa nos Países Baixos e Memorie, lettere e relazioni diplomatiche.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guido Bentivoglio ![]() |