Guido Fanconi
Fanconi en 1959. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1892 Poschiavo, Suíza |
Morte | 10 de outubro de 1979 (87 anos) Poschiavo, Suíza |
Catedrático de universidade | |
Actividade | |
Ocupación | Pediatra |
Empregador | Universidade de Zürich |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Hans Fuchs (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Fanconi, Guido, 1892-1979, |
Guido Fanconi, nado o 1 de xaneiro de 1892 en Poschiavo e finado o 10 de outubro de 1979, foi un pediatra suízo considera como un dos fundadores da pediatría moderna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo os seus estudos de educación secundaria en Zürich. En 1911 comezou a súa formación en medicina en Lausana e en 1920 entrou no Kinderspital (Hospital para nenos) da Universidade de Zürich, onde estivo traballando durante 45 anos, agás por un ano. Fanconi recoñeceu a importancia da bioquímica na medicina clínica. En 1929 sucedeu a Emil Feer como profesor de pediatría e director do hospital. Baixo a súa dirección converteuse nun dos hospitais para nenos de máis renome do mundo.
Existen varias doenzas que levan o nome do doutor Fanconi. En 1927 relacionou a panmielopatía hereditaria cunha baixa estatura e a hiperpigmentación, máis coñecida como anemia de Fanconi. En 1934 os primeiros casos de fibrose quística no páncreas foron descritos nunha tese baixo a súa dirección.
En 1941 houbo unha gran epidemia de poliomielite en Suíza. Fanconi analizou a epidemioloxía e descubriu que o virus non se transmitía polos fluídos, como se cría anteriormente, senón que tiña relación coa vía gastrointestinal como febre tifoide. A súa comprensión da fisiopatoloxía levou a estebelecer relacións que culminaron na súa predición de que a síndrome de Down debíase a unha anormalidade dos cromosomas, vinte anos antes de que se descubrise a trisomía 21.
En 1945 fundou un xornal de pediatría chamado Helvetica Paediatrica Acta, que acadou sona internacional. En 1965 retirouse da dirección de pediatría, mais continuou exercendo até a súa morte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Stephan Lobitz, Eunike Velleuer, Essay: Guido Fanconi (1892–1979): a jack of all trades. en Nat Rev Cancer., vol. 6, nº 11, novembro de 2006, pp. 893–8, PMID 17036037.