Guido Pellizzari Oliva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1992 (32 anos) Mendoza, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey a patíns |
Deporte | hóckey a patíns |
Guido Pellizzari Oliva, nado en Mendoza o 4 de xuño de 1992, é un xogador de hóckey a patíns arxentino que xoga como defensa-medio no Deportivo Liceo da OK Liga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao hóckey a patíns na sección de hóckey do Independiente Rivadavia, da súa cidade natal, pasando máis tarde ao Andes Talleres de Godoy Cruz, co que xogou entre 2007 e 2015, cun paréntese dun ano no que militou no Matera italiano.[1] A continuación deu o salto definitivo ao hóckey europeo, pasando polas filas do RCH Basel, o Valença HC, o Vendrell e o Calafell, antes de recalar en 2021 no Saint-Omer francés. Xogou dous anos no Paso de Calais, marcando 34 goles en 47 partidos conquistando dúas ligas, unha Copa de Francia e dúas Supercopas.
En 2023 anunciouse o seu regreso á OK Liga, ao fichar polo Deportivo Liceo.[2]
Equipos
[editar | editar a fonte]- Andes Talleres: 2007-2012
- Matera: 2012-2013
- Andes Talleres: 2013-2015
- RCH Basel: 2015-2016
- Valença HC: 2016-2018
- Vendrell: 2018-2019
- Calafell: 2019-2021
- Saint-Omer: 2021-2023
- Deportivo Liceo: 2023-actualidade
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Saint-Omer
- Liga francesa (2): 2021/22, 2022/23.
- Copa de Francia (1): 2022/23.
- Supercopa de Francia (1): 2021, 2022.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guido Pellizzari Oliva alla Pattinomania Matera" (en italiano). 28 de xullo de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2023.
- ↑ "El Liceo oficializa la incorporación del argentino Guido Pellizzari". DxT Campeón (en castelán). 3 de novembro de 2023. Consultado o 9 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en ceroacero.es (en inglés).