Guieiro (Ourense)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Guieiro.
Guieiro | |
---|---|
Lingua | lingua galega |
Localidade | Ourense |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Diccionario da literatura galega |
[ editar datos en Wikidata ] |
Guieiro foi unha publicación periódica, subtitulada Outavoz patriótico da FMG, era o voceiro da Federación de Mocedades Galeguistas do Partido Galeguista. O primeiro número apareceu o 1 de novembro de 1935 e tiña ao primeiro periodicidade quincenal para pasar despois a aparecer mensualmente ata que o comezo da Guerra Civil española fixo que desaparecera.
Descrición
[editar | editar a fonte]Constaba de catro páxinas e editábase na cidade de Ourense. En 1936 o seu director foi José de Castro Arines. Entre os seus colaboradores estiveron os principais dirixentes da FMG: Celso Emilio Ferreiro, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Vázquez Martín, Cesáreo Múñiz e Antonio Moure.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Guieiro". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Guieiro". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Rojo, Arximiro (1987). As Mocedades Galeguistas, Vigo, páx. 125-126.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Valcárcel, Marcos (7/9/2008). "‘Guieiro’, voz moza e rebelde" Arquivado 7/11/2017, en Wayback Machine. El Correo Gallego.