Guillaume Daubenton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1648 Auxerre |
Morte | 7 de agosto de 1723 Madrid |
Confessor of the King of Spain (en) | |
1715 – 1716 ← Pedro Robinet (en) | |
Confessor of the King of Spain (en) Filipe V de España | |
1701 – 1706 – Pedro Robinet (en) → | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Padre Daubenton |
País de nacionalidade | francesa |
Relixión | Catolicismo e Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Igrexa |
Ocupación | sacerdote católico |
Lingua | Lingua francesa e lingua latina |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Guillaume Daubenton, coñecido como o padre Daubenton, nado en Auxerre o 21 de outubro de 1648, e finado en Madrid o 7 de agosto de 1723, foi un sacerdote xesuíta francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nacido o 21 de outubro de 1648 en Auxerre, á idade de 17 anos solicitou entrar nos xesuítas, vestindo a sotana de novizo o 16 de outubro de 1665 en Nancy.[1]
Os anos que o separan do sacerdocio estiveron marcados por estudos literarios, filosóficos e teolóxicos, así como polo ensino.[2]
Foi ordenado sacerdote o 23 de setembro de 1679.[3]
Foi designado por Lois XIV confesor do rei de España Filipe V,[4] sobre quen exerceu grande influencia, exercendo esta función, por primeira vez, de 1701 a 1705. Famoso polas súa inrigas, participou nas que provocaron a caída da princesa dos Ursinos (1704). Foi substituído polo padre Robinet,[5] traladándose a Roma, onde contribuíu, en 1713, á elaboración da bula Unigenitus, dirixida contra os xansenistas.
Ao morrer Robinet, volveu ao cargo de confesor de Filipe V en 1716, retirándose definitivamente o ano 1723, porque, segundo parece, comunicou a Filipe II de Orleáns, rexente de Francia durante a minoría de idade de Lois V, o propósito de Filipe V de España de abdicar no seu fillo Lois.[5]
Obras[editar | editar a fonte]
- Oraison funèbre de Louis de Bourbon, prince de Condé, prononcée à Dijon, dans l'église des pères de la Compagnie de Jésus, le 28 de février 1687. Dijon: Ressayre, 1687.
- Oraison funèbre de très haut, très puissant et très excellent prince Charles V, duc de Lorraine et de Bar, etc. Prononcée à Nancy dans l'église des pères cordeliers où il est inhumé, le 20 d'avril 1700. Nancy: Charlot, Deschamps (1700 ?)
- Oraison funèbre de Monseigneur Louis, dauphin, prononcée dans l'église patronale de Saint-Louis, le 18 de septembre 1711. Roma: Komarek, 1712.
- Lettre du R. P. d'Aubenton, jésuite, assistant du général, au R. P. Crozet, aussi jésuite et recteur à Avignon, où ce père développe le but que s'étaient proposé ses confrères, en sollicitant la bulle Unigenitus, et l'usage qu'ils prétendaient en faire, après l'avoir obtenue. Contra 1713.
- La Vie du bienheureux J.-F. Régis. París: Le Clerc, 1716[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nicolas Frizon (século XVIII): La Vie du R. P. Guillaume Daubenton de la Compagnie de Jésus, ancien confesseur de Sa Majesté Catholique, à présent régnante. Biblioteca municipal de Nancy, manuscrito 968 (421).
- ↑ Para seguir os detalles do currículo do padre Daubenton, véxase Louis Carrez (1903): Catalogi sociorum et officiorum provinciae Companiae Societatis Jesu ab anno 1616 ad annum 1773, Catalauni, t. VI, p. 66.
- ↑ Catherine Désos (2004): "L'itinéraire politique d'un jésuite à la cour d'Espagne: le cas du R. P. Guillaume Daubenton, confesseur de Philippe V d'Espagne", en academia.edu, VII Congreso Internacional, Francia-España, Paris-Sorbonne/Madrid-CSIC, p. 1.
- ↑ Bouillet & Chassang 1878, p. 501.
- ↑ 5,0 5,1 Guillaume Daubenton na Gran enciclopèdia catalana.
- ↑ 73 notices bibliographiques concernant Guillaume Daubenton, en catalogue.bnf.fr.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bouillet, Marie-Nicolas & Chassang, Alexis, dir. (1878): "Daubenton (le P.)" no Dictionnaire universel d'histoire et de géographie, p. 501.