Guillerme II de Warenne
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI ![]() |
Morte | 11 de maio de 1138 ![]() |
Lugar de sepultura | Lewes Priory (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
Outro![]() | |
Título | Earl of Surrey (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Isabel de Vermandois, Condessa de Leicester (1118 (Gregoriano)–) |
Fillos | Ralph de Warenne (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pais | Guilherme de Warenne, 1.º Conde Surrey (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/67/Ruines_de_l%27abbaye_de_Mortemer.jpg/230px-Ruines_de_l%27abbaye_de_Mortemer.jpg)
Guillerme II de Warenne, nado contra o ano 1071 e finado o 11 de maio de 1138, foi un nobre anglonormando, conde de Surrey e señor de Bellencombre e Mortemer.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do primeiro conde de Surrey, Guillerme I e da súa primeira muller, Guntred. Acompañou a Robert Courteheuse, duque de Normandía e irmán de Henrique I de Inglaterra na súa tentativa de invasión de Inglaterra de 1101. Despois do acordo dos dous irmáns, Guillerme perde as súas posesións inglesas e ten que se exiliar en Normandía. Con todo reconciliouse en Henrique e foi un dos seus comandantes na batalla de Tinchebray na cal se derrotou ao duque de Normandía. No ano 1110 o fillo de Robert, Guillerme Cliton coa axuda de Helías de Saint-Saens que era un dos encargados de custodialo, como consecuencia Guillerme de Warenne recibiu as terras confistadas a Saint-Saens.
No ano 1118 casou con Isabel de Vermandois, filla de Hugo I de Vermandois. Guillerme foi tamén un dos comandantes da batalla de Brémule e estivo no leito de morte do rei Henrique en 1135 e foi un dos cinco nobres que escoltaron o seu corpo ata Ruán.
Descendencia[editar | editar a fonte]
Coa súa dona Isabel tivo tres fillos e dúas fillas:
- Guillerme III de Warenne, o seu herdeiro como conde de Surrey
- Reginald de Warenne, herdeiro das propiedades en Normandía
- Ralph de Warenne
- Gundrada de Warenne
- Ada de Warenne que casou co fillo e herdeiro de David I de Escocia, Henrique de Escocia