Saltar ao contido

Guillerme I de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillerme I de Alemaña

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Wilhelm I. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Wilhelm I. Friedrich Ludwig von Hohenzollern Editar o valor en Wikidata
22 de marzo de 1797 Editar o valor en Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 1888 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturamausoleum of Charlottenburg Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca do Império Alemão (pt) Traducir
18 de xaneiro de 1871 – 9 de marzo de 1888
← sen valor – Frederico III de Alemaña →
Rei de Prusia
2 de xaneiro de 1861 – 9 de marzo de 1888
← Frederico Guillerme IV de PrusiaFrederico III de Alemaña → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónPrussian Union of Churches (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarcoronel-general (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra franco-prusiana
Guerras napoleónicas Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Prusia
Príncipe Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Hohenzollern Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAugusta de Saxe-Weimar (1829–1888) Editar o valor en Wikidata
ParellaElisa Radziwill Editar o valor en Wikidata
FillosAgnes Dettman
 () Elisa Radziwill
Frederico III de Alemaña
 () Augusta de Saxe-Weimar
Luísa da Prússia
 () Augusta de Saxe-Weimar Editar o valor en Wikidata
PaisFrederico Guillerme III de Prusia Editar o valor en Wikidata  e Luísa de Mecklemburgo-Strelitz Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos de Prusia
Alberte de Prusia
Frederico Guillerme IV de Prusia
Alexandrina de Prusia
Alexandra Feodorovna
Luísa da Prusia
Frederica de Prusia
Ferdinando de Prusia Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Hohenzollern-36 Find a Grave: 7046366 Editar o valor en Wikidata

Guillerme I de Alemaña e Prusia (en alemán: Wilhelm Friedrich Ludwig) nado en Berlín o 22 de marzo de 1797 e finado o 9 de marzo de 1888, foi rei de Prusia, desde o 2 de xaneiro de 1861 e emperador de Alemaña (Káiser), desde o 18 de xaneiro de 1871 até o seu falecemento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo fillo do rei Frederico Guillerme III e da duquesa Luísa de Mecklemburgo-Strelitz. En 1829 casou coa princesa Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach con quen tivo dous fillos:

  • Frederico (1831-1888), emperador de Alemaña durante 1888 (9 de marzo - 15 de xuño).
  • Luísa de Prusia (1838-1923).

Serviu no exército prusiano desde 1814 e encomendáronselle algunhas misións diplomáticas desde 1815.

En 1857, o seu irmán o rei Frederico Guillerme IV sufriu unha crise que lle xerou problemas de saúde mental até a súa morte. Un ano despois, Guillerme tivo que facerse cargo da rexencia de Prusia.

Ao falecer Frederico Guillerme IV sen fillos varóns, o 2 de xaneiro de 1861, Guillerme accedeu ao trono de Prusia co nome de Guillerme I.

Antes da rexencia non interviñera en política. Xa no trono mostrouse favorable a unha política conservadora, designando como chanceler a Otto von Bismarck (1862), que foi na práctica quen levou as rendas da política e do proceso de unificación alemá.

Proclamación de Guillerme I como Emperador Alemán.

Tras a Guerra franco-prusiana, Guillerme I de Prusia foi proclamado Emperador alemán (e non Emperador de Alemaña) o 18 de xaneiro de 1871 no salón dos espellos do Palacio de Versalles. A Confederación Alemá do Norte (1867-1871) transformouse no Imperio alemán ("Kaiserreich", 1871-1918). Fundouse un único Estado de carácter federal co rei de Prusia como xefe de Estado, co título imperial e "presidente" ou primus inter pares dos monarcas que se federaron dos reinos de Baviera, Wurtemberg, Saxonia, o Gran Ducado de Baden e o de Hesse. Tamén quedaron incorporadas as cidades libres de Hamburgo, Lübeck e Bremen.

Últimos anos e morte

[editar | editar a fonte]
Procesión funeral do Emperador Guillerme I, 1888

En agosto de 1878, o tsar Alexandre II de Rusia, sobriño de Guillerme, escribiulle unha carta queixándose sobre o trato que recibiron os intereses rusos no Congreso de Berlín. En resposta, Guillerme, o seu fillo Frederico e a súa muller Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach viaxaron a Rusia (en contra das indicacións de Bismarck) para facer as paces cara a cara. Porén, ameazando unha vez máis con renunciar, Bismark favoreceu unha alianza máis estreita con Austria. En outubro, Guillerme aceptou o Zweibund entre Alemaña e Austria-Hungría que ía dirixido directamente en contra de Rusia.[1]

Guillerme sufriu intento de asasinato o 18 de setembro de 1883, levado a cabo polos anarquistas, pero que non tivo éxito debido a que o clima húmido impediu o uso de dinamita.[1]

A pesar dos intentos de asasinato e o impopular papel de Guillerme na revolución de 1848, el e a súa muller eran moi populares, especialmente nos últimos anos. Moitos considerábanos a personificación da antiga Prusia e admiraban o seu estilo de vida simple e austero.[1].[2] Guillerme finou o 9 de marzo de 1888 en Berlín tras unha breve enfermidade. Foi enterrado o 16 de marzo no Mausoleo do Parque de Charlottenburgo.

Títulos e tratamentos

[editar | editar a fonte]
monograma
  • 1797-1861: A súa Alteza Real o príncipe Guillerme de Prusia
  • 1861-1871: A súa Maxestade o rei de Prusia
  • 1871-1888: A súa Maxestade Imperial e Real o emperador de Alemaña, rei de Prusia

Títulos completos

[editar | editar a fonte]

A súa Maxestade Imperial e Real Guillerme I, pola graza de Deus, emperador de Alemaña e rei de Prusia, margrave de Brandeburgo, burgrave de Núremberg, conde de Hohenzollern, duque soberano e supremo de Silesia e do Condado de Glatz; gran duque do baixo Rin e de Pousen, duque de Saxonia, de Westfalia, de Angria, de Pomerania, Lüneburg, Holstein e Schleswig, de Magdeburgo, de Bremen, de Güeldres, Cléveris, de Jülich e Berg; duque dos Wendos e os Casubios, de Crossen, Lauenburgo e Mecklemburgo; landgrave de Hesse e Turinxia, margrave da Alta e Baixa Lusacia; príncipe de Orange, príncipe de Rügen, de Frisia Oriental, de Paderborn e Pyrmont, de Halberstadt, Munster, Minden, Osnabrück, Hildesheim, de Verden, Cammin, Fulda, Nassau e Moer; conde principesco de Henneberg, conde da Marck, de Ravensberg, de Hohenstein, Tecklenburgo e Lingen, de Mansfeld, Sigmaringen e Veringen; señor de Frankfurt.[3][4]

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Deutsches Historisches Museum (ed.). "Biografie Wilhelm I (German)". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2014. Consultado o 12 de xuño 2013. 
  2. Feldhahn, Ulrich (2011). Kunstverlag Josef Fink, Lindenberg, ed. Die preußischen Könige und Kaiser (German). pp. 24–26. ISBN 978-3-89870-615-5. 
  3. "Wilhelm II, Emperor of Germany (1859-1941)". Web.archive.org. Archived from the original on 22 de decembro de 2007. Consultado o 2013-11-05. 
  4. Rudolf Graf v. Stillfried: Die Titel und Wappen des preußischen Königshauses. Berlin 1875.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Röhl John C. G. Young Wilhelm: The Kaiser's Early Life, 1859-1888 (1998) online
  • Steinberg, Jonathan. Bismarck: A Life (2011)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Título de nova creación

Emperador de Alemaña

1871 - 1888
Sucesor:
Frederico III
Predecesor:
Frederico Guillerme IV

Rei de Prusia

1861 - 1888
Sucesor:
Frederico III