Guillermo Barros Cela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1914 Vigo, España |
Morte | 12 de decembro de 2009 (95 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Membro de | |
Guillermo Barros Cela, nado en Vigo o 16 de xullo de 1914 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 2009, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A finais dos anos vinte militaba no sindicato confeiteiro da UGT de Vigo e contribuíu a facelo pasar en bloque á CNT nos anos trinta. En 1931 foi un dos fundadores das Juventudes Libertarias (FIJL) e en 1934 da Federación Anarquista Ibérica (FAI). En marzo de 1936 era o presidente do Sindicato Único del Ramo de Alimentación de Vigo da CNT.[1]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia no barrio do Calvario, e despois da caída de Vigo estivo agochado tres anos.[2] Ao rematar a guerra puido escapar á represión. Despois dun período de servizo militar obrigatorio participou na reorganización da CNT a principios dos anos corenta. En 1942 era membro do Comité de Vigo con Dalmacio Bragado e despois foi nomeado secretario adxunto da Federación local. Detido en marzo de 1947, foi condenado en consello de guerra en Vigo en xuño de 1948 a cinco anos de prisión, e foi encarcerado en Sevilla. Preso na Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas, saíu en liberdade condicional en setembro de 1949.[3]
A principios dos anos sesenta era membro do comité local da CNT con Víctor Francisco Cáceres e Dalmacio Bragado Ruiz. Partidario da infiltración no sindicalismo vertical (cincopuntismo), converteuse nun dos responsables do sindicato CNS dos confeiteiros de Vigo-Pontevedra. Coa morte de Franco, fixo que o sindicato se adherise en bloque á CNT que se reorganizaba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
- ↑ Requisitorias, El Pueblo Gallego, 27-8-1936, p. 3.
- ↑ BOE, 8-12-1949, p. 5119.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 39. ISBN 84-87783-79-1.