Guillermo Cameselle
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 11 de outubro de 2012 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo ![]() |
![]() |
Guillermo Cameselle Domínguez, nado en Vigo en 1951 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 2012, foi un fotógrafo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guillermo Cameselle comezou a traballar en Televisión Española como axudante de cámara a principios da década de 1970. Tamén colaborou con CIFRA Gráfica, a sección de fotografía da Axencia Efe. En 1974 incorporouse a Faro de Vigo como redactor gráfico traballo que desempeñou durante 25 anos até que en 2000 é nomeado xefe da sección de fotografía.
Obra bibliográfica
[editar | editar a fonte]- Vigo a través de sus barrios, de Mosquera, Javier, 576 pp., Faro de Vigo, 1995, ISBN 84-87657-90-7.
- Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), Xerais, 2013.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañador do concurso Galicia e o mar, en 1990, cunha reportaxe sobre mariscadoras na Arousa.
- Premio Galicia de Comunicación en 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor na páxina de Xerais.