Saltar ao contido

Guillermo Cedrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillermo Cedrón
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3457

Guillermo Cedrón Gómez, nado en Ferrol en 1882 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Home de negocios na Habana, onde foi fundador e primeiro secretario da asociación Ferrol y su Comarca en 1909,[1] e da que foi presidente en 1911.[2] Retornou a Galicia en 1917 establecéndose na Coruña.[3] Foi viaxante de comercio e exerceu como mestre. Vinculado ás Irmandades da Fala, participou na I Asemblea Nacionalista. Militou no PCE e organizou e presidiu o raio comunista de Ferrol. Foi delegado na Federación comarcal da UGT de Ferrol.[4] Conferenciante habitual no Ateneo Ferrolano. Foi candidato polo PCE nas eleccións de novembro de 1933. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 10 de outubro.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi inculpado nunha causa militar en Ferrol e posto a disposición gobernativa. Morreu en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".[6]

  • El Comunismo y el proletariado español, 1931.
  1. El Correo Gallego, 8-9-1909, p. 1.
  2. El Tea, 6-5-1911, p. 3.
  3. El Ideal Gallego, p. 3.
  4. El Correo Gallego, 20-1-1932, p. 4.
  5. El Correo Gallego, 11-10-1934, p. 1.
  6. La Voz de Galicia, 20-8-1936, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]