Guillermo Llorca
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1950 ![]() Ferrol, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador ![]() |
Xénero artístico | Ensaio, Narrativa |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Ánxela Loureiro ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Guillermo Llorca Freire, nado en Ferrol o 28 de marzo de 1950[1], é un historiador e escritor galego, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Sofía Casanova de Ferrol ata o ano 2011 no que se xubilou.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como historiador ten unha extensa obra de investigación e divulgación, amplamente publicada en libros, revistas e xornais. Ten feito tamén achegas á didáctica da Xeografía e da Historia, en diversas publicacións e como conferenciante. Un gran número de artigos ilustran nos xornais a súa vocación de xornalista. Destaca a súa gran dedicación á historia de Ferrol. No campo do audiovisual foi director e guionista de varios vídeos didácticos, premiados en diversos certames.[Cómpre referencia] A súa obra no eido da literatura está representada por libros de relatos. Formou parte dos consellos de redacción das revistas Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, Ferrol Análisis e Deceme. Revista de Historia e Ciencias Sociais.
Entre a súa extensa obra pódense destacar colaboracións na Gran Enciclopedia Gallega en temas de Historia e temas relativos a persoeiros ferroláns. Ten publicado artigos nos xornais Ferrol Diario, Norte de Galicia, La Voz de Galicia, Diario 16 e Diario de Ferrol. Investigacións súas teñen aparecido nas revistas Cuadernos do Ateneo Ferrolán, Galicia 10, Ingenium, Ferrol Análisis e Concepción Arenal.
Entre os seus libros, sobre cuestións históricas pódense citar: Ferroláns, Ferroláns en Cuba, Historia da prensa ferrolá, Los partidos políticos en Ferrol durante la II república. No eido literario publicou: Relatos para ver mundo, O túnel da Malata e outros relatos do tren.
Foi membro fundador e directivo do Ateneo Ferrolán, sendo presidente entre os anos 1987-1989.[2]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Libros publicados
[editar | editar a fonte]- Xeografía e Historia
No eido da investigación e divulgación histórica e xeográfica:
- Ferrolterra na colección Guillermo Escrigas de tarxetas postais, en Novo Sécula, Barcelos-Portugal, 1992. ISBN 84-87777-12-0.
- Historia da prensa ferrolá, en Ediciós do Castro, Sada 1993. ISBN 84-7492-674-2.
- Ferroláns, en Edicións Embora, Betanzos 1996. ISBN 84-930143-2-X.
- Ferroláns en Cuba, en Edicións Embora, Pontedeume 1997. ISBN 84-930143-4-6.
- Guías turísticas do Concello de Ferrol, Ferrol 1998.
- O 10 de marzo no contexto da prensa obreira de Ferrol, en 10 de Marzo, órgano de comisións obreiras de Ferrol, edición facsímile, Santiago 1999. ISBN 84-930595-0-1.
- Francisco Iglesias Brage: no centenario do seu nacemento, Concello de Ferrol- LaCaixa, 2000. ISBN 84-923163-0-6.
- Ferrol no patrimonio mundial, Concello de Ferrol 2002. D.L.: C-232/2002.
- Ferrol: Memoria da vida cotiá, ISBN 84-921363-5-9.
- Ferrolanos en la Argentina, Editor Pablo Zaera Silvar, Betanzos 2012.
- La Ibense: Una heladería artesana en Ferrol, en Edicións Embora, Ferrol 2012.
- Cen anos do ferrocarril Ferrol-Betanzos, en Edicións Embora, Ferrol 2013. ISBN 978-84-92644-70-4.
- Juan García Niebla: entre a innovación pedagóxica e o compromiso cidadán. Muíño do Vento, 2015. ISBN 978-92-0-140448-0
- Centenario das escolas de instrucción dos "Naturales del Ayuntamiento de Fene". 1916-2016, A Coruña, Deputación da Coruña, 2018. ISBN 978-84-9812-314-2
- Ferroláns, (s.l.) Edicións Embora, 2018. ISBN 978-84-16456-87-1
- Memoria histórica de Covas, Esmelle e San Xurxo, Edicións Embora, Ferrol 2024. ISBN 978-84-19853-15-8
- Literatura
No eido literario:
- La noche decisiva. El retorno de Margaret Laughton, 2023.[3]
- Relatos para ver mundo, en Edicións Embora, Betanzos 2002 ISBN 84-95460-22-X.
- O túnel da Malata, e outros relatos do tren, en Ediciones de la librería del campus, Narón 2005. ISBN 84-921363-4-9.
- Cuando estalló la noche. El enemigo no sospechaba. Publicaciones Arenas. A Coruña 2021.[4] ISBN 978-84-123640-0-2
Publicacións colectivas
[editar | editar a fonte]Publicou, xunto con outros autores, entre outros, os seguintes libros:
- Camiños de Ferrolterra, Pontedeume, Mancomunidade de Ferrol, 1982.
- Traballos prácticos de Xeografía, Santiago, Obradoiro de Educación, 1982.
- Ferrol, su historia, sus gentes, 1986.
- A Historia das Civilizacións a través do cine, Dirección Xeral de Ensinanzas Medias, proxectos de innovación educativa, 1988.
- Ferrol a través dos textos históricos e literarios, 1990.
- Referencias periodísticas, históricas e literarias sobre a cidade de Ferrol, 1995.
- Historia de Ferrol, 1998.
- Ferrol cidade da ilustración, 2005.
- Sede de la Fundación Caixa Galicia. De fábrica ilustrada a referente socio-cultural, 2006.
- Ferrol: 150 anos de cidade, 2009.
- Homenaxe a Ferrol Vello, (s.l.) Edicións Embora, 2015. 978-84-16456-01-7.
- Memoria histórica do barrio de Esteiro, (s.l.) Edicións Embora, 2016. ISBN 978-84-16456-22-2.
- 100 años Escuela Obrera Ferrol. Un siglo de porvenir, Santiago, Navantia, 2016. ISBN 978-84-617-4191-5.
- Memoria histórica do barrio da Magdalena, (s.l.) Edicións Embora, 2018. ISBN 978-84-16456-76-5.[5]
- Memoria histórica do barrio de Canido, (s.l.) Edicións Embora, 2019. ISBN 978-84-17824-02-2.
- Memoria histórica do Ferrol de fora de portas: praza de España, Recimil, Inferniño, San Xoán da Filgueira, Santa Mariña e Caranza, 2022.[6][7]
En revistas
[editar | editar a fonte]Entre estes traballos poderíanse destacar:
- "Formación política y participación democrática", en Cuadernos de Pedagogías, nº 49,1979
- "El cine como instrumento en la didáctica de la historia", en Revista de Bachillerato, nº 18, 1981
- "Os Ateneos Ferroláns na súa Historia", en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 3.
- "O dique da Campá de Ferrol. A máis importante obra hidraulica da Galicia do XIX", en Ingenium nº 2, 1990.
- "Páxinas de Pontedeume na prensa galega da emigración na Argentina", en Cátedra, nº 19, 1993.
- "Concepción Arenal e Hispanoamérica. Pegadas dunha presencia", en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 9, 1993.
- "Ferrolterranos na emigración americana. O seu papel na educación", en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 10, 1994.
- "Orígen del Patronazgo de San Julián sobre la ciudad de Ferrol", (Premio Ingeniero Comerma do Concello de Ferrol), en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades nº VI, 1996.[8]
- "Los partidos políticos durante la II República", (Premio de Investigación Jaime Quintanilla Martínez do Concello de Ferrol) en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades (monografía), 1998.[8]
- "Concepción Arenal. Cinco momentos na súa memoria", en Cuadernos Ferrol Análisis 1993.
- "A ilusión das América", en Xurdimento nº 11, 1998.
- "A alimentación como sinal de identidade da emigración galega", en Xurdimento nº 14, 2001.
- "O asociacionismo ferrolán en Bos Aires", en Xurdimento nº 15.
- "Juan García Niebla. A pedagoxía ó servicio do cidadán", en Idea nº 6, 2000.
- "El goce de la creacción: arte y gastronomía", en Arte Galicia, 2016.
Audiovisuais
[editar | editar a fonte]Foi director e guionista dos seguintes vídeos documentais:
- La Sociedade de Instrucción y Recreo Naturales del Ayuntamiento de Fene, 1910-1934. 1987.
- Ferrol: Historia dunha terra, 1989.[9]
- O ferrolán Francisco Iglesias Brage no centenario do seu nacemento, 2000.
- O barrio da Magdalena, unha aventura urbana, 2009. (WebQuest de autoría colectiva).[10]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1985: Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma do Concello de Ferrol por “Orígen del Patronazgo de San Julián sobre la ciudad de Ferrol”.
- 1987: Premio de Investigación Jaime Quintanilla Martínez do Concello de Ferrol por “Los partidos políticos durante la II República”.
- 2023: Premio de literatura Fernando Arenas, por La noche decisiva. El retorno de Margaret Laughton.[3]
- 2023: Insignia de ouro do Concello de Ferrol, a título individual pola súa aportación á sociedade.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Llorca Freire, Guillermo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 320. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Ateneo Ferrolán: Ateneo Ferrolán, a súa historia". Ateneo Ferrolán. 28 xaneiro 2005. Consultado o 2025-02-22.
- ↑ 3,0 3,1 Llorca Freire, Guillermo (2023). La noche decisiva. El retorno de Margaret Laughton. ISBN 9788412670325.
- ↑ Redacción (2021-12-09). "El historiador ferrolano Guillermo Llorca presenta su primera novela en la Central Librera". enfoques.gal (en castelán). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ P, Redacción (2018-10-27). "Nova publicación de Llorca e Burgoa, «Memoria histórica do barrio da Magdalena»". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ Llorca Freira, Guillermo (2022). Memoria historica do ferrol de fora de portas. Émbora. ISBN 978-84-17824-64-8.
- ↑ "Guillermo Llorca: «Presentamos o sétimo volume dunha colección que narra a historia cotiá, a que non é institucional»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-04-23. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ 8,0 8,1 "Guillermo Llorca Freire" (en castelán). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "Ferrol, historia dunha terra / - AVG - AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2025-02-22.
- ↑ Bustabad, Lorena (2009-11-06). "Un juego de rol abre la historia de Ferrol a adolescentes". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "O Racing, Ferrolán do ano". Web Municipal do Concello de Ferrol.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Llorca Freire, Guillermo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 229.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 642. ISBN 84-7492-465-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Educación Galicia. Entrevista a Guillermo Llorca