Guiomar Calvo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 (38/39 anos) Soria, España |
Educación | Universidade de Zaragoza |
Director de tese | Alicia Valero-Delgado |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria, divulgadora científica |
Empregador | Universidade de Zaragoza |
Guiomar Calvo Sevillano, nada en Soria en 1985, é unha científica e divulgadora española.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xeoloxía e doutora en Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética pola Universidade de Zaragoza.[1]
Desenvolve a súa investigación en diversos campos relacionados cos recursos naturais no Instituto Universitario Mixto de Investigación CIRCE.
Ademais, é autora de varios libros como Historia del arsénico e coautora de Thanatia: límites materiales de la transición energética.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu o Premio Prismas Casa das Ciencias 2021 ao mellor texto inédito por Geólogas. Historia de las pioneras en las Ciencias de la Tierra.[2] [3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guiomar Calvo - AlmuzaraUniversidad" (en castelán). Consultado o 2022-11-12.
- ↑ Press, Europa (2022-10-15). "Guiomar Calvo repasa la historia de las pioneras en las Ciencias de la Tierra en 'Geólogas'". Consultado o 2022-11-12.
- ↑ "La soriana Guiomar Calvo repasa la historia de las pioneras en las Ciencias de la Tierra en 'Geólogas'" (en castelán). 2022-10-15. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-12.