Gumersindo Delgado Gallego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Bande, España ![]() |
Morte | 20 de outubro de 1941 ![]() Ourense, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Gumersindo Delgado Gallego, nado en Bande e finado en Ourense o 20 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballaba nas obras do ferrocarril en Requeixo de Seabra (Zamora). Pasou a Braganza, onde foi detido polas autoridades portuguesas e trasladado a Lisboa. De alí embarcouse a Tarragona no vapor Nyassa con outros refuxiados. Marchou a Barcelona, onde traballou de peón até que foi ocupada polo exército franquista. Foi pasaportado a Porto Quintela onde traballou de peón. Participou no asalto ao comercio de Porto Quintela. Detido, foi xulgado en consello de guerra en Ourense por rebelión militar o 7 de abril de 1941 e condenado á pena de morte. Foi fusilado no Campo de Aragón o 20 de outubro de 1941.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso Santos, Román (2016). Saltando a raia. Guerrilla republicana no suroeste ourensán (1939-1943). Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico. pp. 58–59,. ISBN 978-84-608-9994-5.