Saltar ao contido

Gunrod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gunderedo»)
Modelo:BiografíaGunrod
Biografía
Nacementoséculo X Editar o valor en Wikidata
Morte970 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Reino de Galicia Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónViquingo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Fornelos Editar o valor en Wikidata


Gunrod[1][2], Gunrød, Gudrød ou Gunderedo[3][4] (do nórdico antigo: Guðrǫðr) (m. 970) foi un caudillo viquingo noruegués considerado rei do mar (sækonungr). Posibelmente Gunrod tivese parentesco familiar, primo ou irmán, con Harald II de Noruega.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende as súas bases permanentes no Loira[6] lanzou sanguentas incursións nas costas cantábricas da Península Ibérica con cen naves armadas no 968,[7] asentándose en Galiza durante un ano enteiro.[8] En marzo de 968 Gunrod chegou ás portas de Santiago de Compostela, o bispo Sisnando Menéndez encargouse da defensa e o 29 de marzo de 968 enfrontouse aos viquingos na batalla de Fornelos, foi derrotado e morreu dun frechazo. Os viquingos entraron na cidade sen máis resistencia.

O conde Gonzalo Sánchez rematou coa aventura viquinga no ano 970 lanzando un ataque cun poderoso exército que venceu aos nórdicos en cruenta batalla e tras capturar a Gunrod e os superviventes da súa frota, pasounos a todos a coitelo.[9] Unha resposta tan sanguenta probabelmente debeuse a que no século X se chegou a dicir que, vistos os precedentes de expedicións previas, o viquingo era peor inimigo que o mouro.[10]

  1. "Encontran o tesouro dos viquingos que arrasaron Galicia no século X". GCiencia. 24 de abril de 2018. 
  2. "Xerais publica Ulf de Jakobsland, unha BD de Alberto Varela Ferreiro". Cultura Galega. 15 de novembro de 2018. 
  3. "Arqueólogo insiste en que o norte de Lugo tivo presencia de viquingos desde o século X". Historia de Galicia. 29 de xullo de 2017. 
  4. "Os galegos que humillaron os viquingos". Nós Diario. 3 de agosto de 2019. 
  5. Fabricius, A. (1882). Forbindelserne mellem Norden og den Spanske Halvø i ældre Tider. Copenhague. 
  6. Forte, Oram e Pedersen 2005, p. 60.
  7. Velasco 2008, p. 175.
  8. Morales 1997.
  9. Morales 2006.
  10. Scheen, Rolf. "Viking raids on the Spanish peninsula" (PDF). Militaria. Revista de cultura militar. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]