Geoffrey Gurrumul Yunupingu
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1971 ![]() Illa Elcho, Australia ![]() |
Morte | 25 de xullo de 2017 ![]() Tiwi, Australia ![]() |
Causa da morte | insuficiencia renal ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico , cantautor ![]() |
Período de actividade | 1986 ![]() |
Xénero artístico | Rock indíxena ![]() |
Lingua | Lingua inglesa e Linguas yolŋu ![]() |
Instrumento | Guitarra ![]() |
Premios | |
Páxina web | gurrumul.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Geoffrey Gurrumul Yunupingu, nado en 1970 en Galiwin'ku, Illa Elcho (Terra de Arnhem) e finado o 25 de xullo de 2017, foi un músico e cantante aborixe australiano que cantaba en lingua yolŋu.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ynunupingu proviña do clan Gumatj do pobo yolngu por parte de pai e dos Galpu por parte de nai.[1] Naceu con cegueira pero nunca aprendeu braille nin precisou de can guía. Yunupingu só falaba unhas poucas palabras en inglés.[2]
Tocaba os tambores, o teclado, a guitarra e o didgeridoo. Porén é a súa voz a que atraeu as máis das críticas favorábeis e a que lle trouxo recoñecemento. Cantaba sobre historias da súa terra en varias linguas yolŋu como o Gälpu, o Gumatj ou o Djambarrpuynu, aínda que tamén tiña cancións en inglés.[3] Estivo asociado formalmente coa banda Yothu Yindi, pero tamén colaborou coa Saltwater Band.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums de estudio[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ OzArts Arquivado 22 de xullo de 2008 en Wayback Machine. Gurrumul
- ↑ Aboriginal singer beats poverty and prejudice to top Australian charts Barbara McMahon, The Guardian, 17 de xullo de 2008.
- ↑ dB Magazine Arquivado 13 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Geoffrey Gurrumul Yunipingu
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Geoffrey Gurrumul Yunupingu ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina Oficial (en inglés)
- Geoffrey Gurrumul Yunupingu – Páxina de MySpace
- "An Intimate Evening Performance"
- Video of Geoffrey Gurrumul Yunupingu performing en YouTube
- National Indigenous Times - Issue 151
- skinnyfishmusic.com.au Skinny Fish Music - Geoffrey Gurrumul Yunupingu