Gustavo Docampo Paradelo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gustavo Docampo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX O Barco de Valdeorras, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político |
Gustavo Docampo Paradelo, nado no Barco de Valdeorras, é un escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro do Barco de Valdeorras polo Movemento Comunista de Galicia. Volveu ser elixido concelleiro polo MCG nas eleccións municipais de 1983.[1] En maio de 1987 foi nomeado animador cultural do Barco de Valdeorras.[2] Colaborou en La Voz de Galicia, La Región e Raigame. É autor da obra de teatro Polos camiños do tempo, estreada en 2017.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Rutas para andar desde O Barco de Valdeorras, 1983.
- O Barco e a terra de Valdeorras, 1992 (con Millán Picouto).
- O Barco 1885 - 1969. Memoria fotográfica, 2006.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Isabel Gacio Pacios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 14-5-1983, p. 31.
- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 10-5-1987, p. 38.
- ↑ «Polos Camiños do tempo»: siete escenas que reviven la memoria de O Barco y Viloira
- ↑ O Barco recupera la memoria histórica con un libro de fotografías antiguas