Gwasg y Dref Wen
Gwasg y Dref Wen | |
---|---|
Tipo | editorial |
País | Reino Unido |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gwasg y Dref Wen é unha empresa editorial galesa con sede en Cardiff, fundada por Roger Boore en 1969 é unha das principais editoriais de literatura infantil en lingua galesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O nome da editorial fai referencia a Y Dref Wen, un englynion recollido no Canu Heledd. Ata 2014 a editorial publicou uns 500 títulos[1] en lingua galesa e inglesa, principalmente de literatura infantil, tanto orixinais como adaptacións e traducións; algúns dos seus libros aparecen en edicións bilingües. Nas décadas de 1970 e 1980 publicou traducións das aventuras de Astérix. Ademais de libros infantís tamén edita material educativo como as series "Welsh History Stories" ou "Cyfres o'r Dechrau i'r Diwedd". A partir de mediados da década do 2000 deulle pulo á edición para adultos, salientando na publicación de autobiografías, como a do actor Huw Ceredig ou a cantante Heather Jones.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de Gwasg y Dref Wen no Consello Galés dos Libros". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en galés) e (en inglés)