Gyula Cseszneky
Nome orixinal | (hu) Cseszneky Gyula |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de xuño de 1914 Stráňany, Eslovaquia (pt) |
Morte | 1970 (55/56 anos) Brasil |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | poeta, aristócrata, tradutor literario |
Familia | |
Familia | Casa de Cseszneky (pt) |
Conde Gyula István Cseszneky de Milvány et Csesznek, nado en Nagymajor (Hungría) en 1914 e finado no Brasil despois de 1956, foi un poeta, tradutor, militar e espía húngaro que participou na reanexión de Transilvania do Norte por Hungría, tivo o cargo de axudante do campo do rei croata Tomislav II e o do gran voivoda macedonio. Tamén foi involucrado en diferentes conspiracións antinazis e xogou un papel importante no rescate dos xudeus perseguidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cseszneky foi o fillo dun nobre empobrecido e da herdeira dun comerciante acomodado. Cursó os seus estudos en Hungría e Italia.[1]
En 1940, despois do Segundo arbitraje de Viena participou na reanexión de Transilvania do Norte, e debido ao seu heroísmo excepcional demostrado durante a marcha, Miklós Horthy, Rexente de Hungría conferiulle o título "vitéz".[2]
En 1941, durante a segunda guerra mundial, converteuse nun conselleiro de Aimone, que entón era o rei Tomislav II do Estado Independente de Croacia. En agosto de 1943, grazas aos seus amigos influyentes italianos e os seus parentes nos Balcanes, o Conde Cseszneky foi nomeado como gran voivoda macedonio.[3]
O Conde Cseszneky só foi un gobernador nominal e intentou conseguir contactos cos gobernos aliados. En setembro de 1943, como Alemaña nazi encargouse do exército italiano, obrigóuselle renunciar e foi arrestado pola Gestapo. Conseguiu fuxirse a Hungría onde serviu como contacto entre o goberno de Miklós Kállay e os participantes do golpe antinazi croata Lorković-Vokić.[3][4][5]
Durante a ocupación alemá de Hungría colaborou con Ángel Sanz Briz e Giorgio Perlasca no rescate dos xudeus perseguidos.[6]
Logo da guerra, emigrou con Aimone de Aosta á Arxentina e despois morreu no Brasil.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cseszneky de Milvány et Csesznek
- ↑ Vitézi Rend
- ↑ 3,0 3,1 Szilágyi Aladár: Operettállam
- ↑ "Βοεβοδάτο της Μακεδονίας"
- ↑ Michele Rallo: I “Regni-meteora” nell’Europa Orientale durante le guerre mondiali (“Storia del Novecento”, anno V, n. 89, settembre 2008)
- ↑ Gróf Milványi Cseszneky Gyula és Mihály Emlékbizottság
- ↑ Βοεβοδάτο της Μακεδονίας"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Szilágyi, Aladár: - Operettállam (in Erdélyi Riport)
- Andreanu, José: - Los secretos del Balkan
- Sankó, L.: - A csallóközi nemesi közbirtokosság
- Toso, Fiorenzo: - Frammenti d'Europa
- Kalimniou, Dean: - Alkiviadis Diammandi di Samarina (in Neos Kosmos English Edition, Melbourne, 2006)
- Thornberry, Patrick und Miranda Bruce-Mitford: - World Directory of Minorities. St. James Press 1990
- Koliopoulos, Giannēs S. und John S. Koliopoulos: - Plundered Loyalties: Axis Occupation and Civil Strife in Greek West Macedonia. C. Hurst & Co, 1990.
- Horváth Mihály: A magyar nemzet története
- Seidl-Bonitz-Hochegger: Zeitschrift für Niederösterreichischen Gymnasien XIV.