Héctor Tejero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1981 (43 anos) Madrid, España |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
Representa: Máis Madrid 8 de xuño de 2021 – Lexislatura: 12th legislative period of the Asamblea de Madrid (en) Electo en: Eleccións á Asemblea de Madrid de 2021 | |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
11 de xuño de 2019 – Lexislatura: XI lexislatura da Asemblea de Madrid Electo en: eleccións á Asemblea de Madrid de 2019 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | bioinformatician (en) , político, activista, activista climático |
Empregador | Centro Nacional de Investigação Oncológica (pt) |
Partido político | Máis Madrid |
Héctor Tejero Franco, nado en Madrid o 4 de setembro de 1981, é un bioinformático, activista contra o cambio climático e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido o 4 de setembro de 1981 en Madrid, Tejero, veciño de Vallecas e doutor en Bioquímica e Bioloxía Molecular, traballou como bioinformático no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).[1][2][3][4]
Coñecido dentro da esquerda madrileña polo seu activismo contra o cambio climático, foi incluído como candidato no número 5 da lista de Máis Madrid de cara ás eleccións á Asemblea de Madrid de maio de 2019 encabezada por Íñigo Errejón.[5][6] Foi escollido deputado no parlamento rexional.[7] Tejero, un dos autores do programa de Máis País, foi escollido no número 4 da lista electoral ao Congreso dos Deputados por Madrid da coalición electoral Máis País-Equo de cara ás eleccións xerais de novembro de 2019.[8]
Obras
[editar | editar a fonte]- Tejero, Héctor; Santiago, Emilio (2019). ¿Qué hacer en caso de incendio?. Capitán Swing.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Serrano, Alejandro (19 de xullo de 2019). "Capitán Swing publica ¿Qué hacer en caso de incendio?, de Tejero y Santiago: Por el Green New Deal". Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ Tena, Alejandro (26 de maio de 2019). "Un manifiesto para curar el politraumatismo climático que sufre el planeta". Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ Caballero, Fátima (28 de febreiro de 2019). "Carmena ficha a la doctora en física Maysoun Douas y Errejón, al investigador del CNIO Héctor Tejero". Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Héctor Tejero Franco". Asamblea de Madrid.
- ↑ "Carmena y Errejón fichan a la física Maysoun Douas y a investigador Héctor Tejero". 1 de marzo de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ Junta Electoral Provincial de Madrid: "Publicación candidaturas. Fase proclamación" (PDF) (101). 30 de abril de 2019: 30-60. ISSN 1989-4791.
- ↑ "Los 132 disputados de la Asamblea de Madrid se dividirán en seis grupos". 27 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ Marcos, Ana (11 de outubro de 2019). "Errejón propone trabajar cuatro días a la semana y limitar los vuelos peninsulares". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 12 de outubro de 2019.
- ↑ Estefanía, Joaquín (18 de maio de 2019). "Qué hacer en caso de incendio".