Hélène Pierre-Nicolet
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1930 Le Havre, Seine-Maritime. |
País de nacionalidade | Francesa |
Educación | École normale supérieure de jeunes filles. |
Actividade | |
Ocupación | Biblioteconomía, numismática. |
Empregador | Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, directora (1976–1987) |
Familia | |
Cónxuxe | Claude Nicolet. |
Hélène Pierre-Nicolet, nada en Le Havre, departamento de Seine-Maritime, é unha bibliotecaria e numismática francesa especializada na moeda da Grecia antiga, que ocupou o cargo de directora do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dedicación á docencia
[editar | editar a fonte]Logo de dous anos de clases preparatorias no Lycée Thiers de Marsella, Hélène Nicolet ingresou no curso 1949-1950 na École Normale Supérieure de Jeunes Filles de Sèvres, nos Altos do Sena. En 1953 accedeu ao corpo de profesores de ensino secundario na especialidade de Clásicas e a partir dese momento exerceu a docencia durante un período de oito anos.[1]
Carreira na Biblioteca Nacional de Francia
[editar | editar a fonte]En 1961 tomou un ano sabático para preparar o seu acceso ao Diploma Superior de Biblioteconomía. En outubro de 1962 foi admitida á oposición para a contratación de bibliotecarios e ese mesmo ano incorporouse á Biblioteca Nacional de Francia, no departamento de Ingresos, dende a súa primeira dedicación foi a redacción de notas bibliográficas para obras en inglés.[1]
En 1966 incorporouse ao Gabinete de Medallas, cando a colección de Jean e Marie Delepierre pasou a formar parte das coleccións nacionais, e en 1975 asumiu o cargo de directora do Gabinete de xeito interino, cando Georges Le Rider o deixou para acceder ao de administrador xeral da Biblioteca Nacional. En 1976, foi confirmada formalmente na dirección do departamento, posto que ocupou ata a súa xubilación a finais de 1987. Un dos logros máis salientables da súa etapa como directora do Gabinete de Medallas foi a transformación do seu museo, que abriu as súas portas ao público en 1981.[1]
Investigadora numismática
[editar | editar a fonte]Hélène Nicolet foi unha gran coñecedora da numismática grega, materia sobre a que centrou as súas publicacións. Baixo a dirección do profesor profesor Henri Van Effenterre chegou a iniciar a súa tese de doutoramento sobre as cuñaxes da ila de Naxos, que non chegou a concluír, aínda que lle serviu para publicar varios artigos sobre o tema.[2] Os seus artigos sobre a moeda grega antiga e o Gabinete de Medallas publicáronse en diversas publicacións conxuntas e en revistas especializadas da súa época, como no Bulletin de correspondance hellénique, en Schweizerische Numismatische Rundschau e en Revue numismatique, publicada pola Sociedade Francesa de Numismática, que en 2006 lle dedicou un número especial de homenaxe.[1][3] Durante o seu período de dirección do Gabinete, Hélène Pierre Nicolet formou tamén parte da terna de directores de Revue Numismatique.[4]
En 1983 participou no proxecto internacional Sylloge Nummorum Graecorum coa publicación da Colección de Jean e Marie Delapierre, xunto con Georges Le Rider.[5] En 2002, publicou tamén unha monografía titulada Numismatique grecque, escrita en conxunto con Armand Colin.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]A seguir, preséntase unha escolma dos artigos publicados por Hélène Pierre-Nicolet ao longo da súa traxectoria científica, así como unha referencia dos seus traballos monográficos:[6][5]
Escolma de artigos
[editar | editar a fonte]- (1966). "Trouvaille de Bourg-Blanc (Finistère)". En Revue Numismatique, 8. Páxinas 181-198.
- (1971). "Monnaies de bronze de Cilicie (Séleucie du Kalykadnos)". En Revue Numismatique, 13. Páxinas 26-37.
- (1975). "Remarques sur la chronologie relative des plus anciennes séries de statères éléens". En Revue Numismatique, 17. Páxinas 6-18.
- (1983). "Monnaies archaïques d'Athènes sous Pisistrate et les Pisistratides c. 545-c. 510 (I)". En Revue Numismatique, 25. Páxinas 15-33.
- (1985). "Monnaies archaïques d'Athènes sous Pisistrate et les Pisistratides c. 545-c. 510 (II). Recherches sur la composition métallique des Wappenmünzen". En Revue Numismatique, 27. Páxinas 23-24.
- (1999). "Les cratérophores de Naxos (Cyclades): émissions monétaires d'argent à l'époque hellénistique". En Revue Numismatique, 154. Páxinas 95-119.
- (2009). "A propos du monnayage archaïque de corcyre". En Schweizerische Numismatische Rundschau, 88. Páxinas 103-113.
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1981). Louis-Félicien-Joseph Caignart de Sauley, 1807-1880 (con D. Guerin). Bibliothèque nationale, París. ISBN 9782717715811
- (1983). Sylloge Nummorum Graecorum France. Bibliothèque Nationale. Cabinet des Médailles, Collection Jean et Marie Delapierre (con G. le Rider). Bibliothèque nationale, París.
- (2002). Numismatique grecque. Armand Colin, París. ISBN 978-2200217815
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire.
- ↑ Véxase "Bibliografía" (1999).
- ↑ "Journée en l'honneur d'Hélène Nicolet-Pierre". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 162. 2006. Páxinas 7-116.
- ↑ "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). Páxina 47.
- ↑ 5,0 5,1 "Travaux de numismatique grecque publiés par Hélène Nicolet-Pierre". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 162. 2006. Páxinas 13-17.
- ↑ "Nicolet-Pierre, Hélène 1930- Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Predecesor: Georges Le Rider |
Directora do Gabinete de Medallas de París 1976-1987 |
Sucesor: Cécile Morrisson |