Saltar ao contido

Hélder Gomes Cancela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHélder Gomes Cancela
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Valongo do Vouga, Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculdade de Letras da Universidade de Coimbra (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

Hélder Gomes Cancela, nado en Valongo do Vouga en 1967, é un escritor portugués.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Hélder Gomes Cancela naceu en 1967. Estudou filosofía na Facultade de Letras da Universidade de Coímbra, onde fixo o doutoramento[2], en filosofía contemporánea. Desde o 2000 ensina na Facultade de Belas-Artes da Universidade do Porto, onde é responsábel da área científica de Estética. É tamén investigador no Instituto de Investigación en Arte Design e Sociedade.[3]

Dirixiu con Carlos Alberto Machado a colección terceira margem.[4]

En entrevista concedida a Isabel Lucas en xullo de 2017, afirmava: «Para min o esencial na literatura, n a novela, é a construción dun espazo narrativo, a construción mesmo dun mundo. O mundo onde estamos e a partir do cal a realidade pareza verosímil, mesmo a máis inverosímil.»[5]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Anunciação (1999). Edições Afrontamento. 160 páxs.
  • De Re Rvstica (2011). Edições Afrontamento. 224 páxs.
  • Impunidade (2014). Relógio D'Água. 222 páxs. Esta historia inesperada, dura, comeza en Sevilla.[6]
  • As pessoas do drama (2017). Relógio D'Água. 296 páxs. Foi presenado no Culturgal en 2018.[7]
  • A Terra de Naumãn (2018). Relógio D'Água. 288 páxs. H.G. Cancela condúcenos a través dunha narrativa xuvenil e fantástica até unha fábula de contornos apocalípticos.[8]
  • Novembro (2003). Edições Afrontamento. 212 páxs.
  • Relativismo Axiológico e Arte Contemporânea: Critérios de Recepção Crítica das Obras de Arte (2004). Edições Afrontamento. Tese de Doutoramento en Filosofía Moderna e Contemporánea presentada na FLUC.
  • O Exercício da Violência. A Arte enquanto Tempo (2014). Companhia das Ilhas. 128 páxs. É un ensaio constituído por múltiples micro-ensaios que procuran pensar a arte e a literatura a partir das relacións de recepción.[9]
  • 2017: Grande Prémio de Novela e Novela APE/IPLB pola obra As Persoas do Drama en 2017.[10]
  1. "Hélder Gomes Cancela Arquivos". Região de Águeda (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2019. Consultado o 2020-04-10. 
  2. Coimbra, Universidade de; Coimbra, Universidade de. "Imprensa da Universidade de Coimbra". Imprensa da Universidade de Coimbra (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  3. Lusa. "“As Pessoas do Drama”, de H.G. Cancela, vence Grande Prémio de Romance e Novela". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  4. "Helder Gomes Cancela. Companhia das Ilhas". companhiadasilhas.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  5. Lucas, Isabel. "O mundo violento e frágil de H. G. Cancela". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  6. "Impunidade". www.goodreads.com. Consultado o 2020-04-10. 
  7. "Programa Culturgal 2018" (PDF). culturgal.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2019. 
  8. Barata, Sebastião. "A Terra de Naumãn". Segredo dos Livros - Sugestões e Críticas Literárias (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 2020-04-10. 
  9. "O Exercício da Violência - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  10. "″As Pessoas do Drama″ de H.G. Cancela vence Grande Prémio de Romance e Novela - DN". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-10.