Híbrido (lingüística)
Aparencia
Un vocábulo híbrido é unha palabra composta na que, desde un punto de vista etimolóxico, un dos compoñentes procede dun idioma e o outro deriva doutra lingua diferente.
Híbridos comúns
[editar | editar a fonte]En galego os máis comúns dos híbridos son aqueles nos que se combinan compoñentes orixinados do latín e do grego. Como a maioría dos prefixos e dos sufixos da lingua galega, proceden dalgunha deses dous idiomas, abonda engadir un prefixo ou un sufixo a palabras ou morfemas do galego para obtermos novos vocábulos híbridos.
Lista de híbridos comúns
[editar | editar a fonte]Grego + latín
[editar | editar a fonte]Das unha lista dalgúns vocábulos híbridos do grego e o latín, usuais en galego
- Automóbil - vehículo de rodas dotado de motor propio, do grego αυτό~ (auto) "por si mesmo~" e o latín mobilis "que se move".
- Bígamo - do latín bi- "dous, duplo" e o grego γάμος (gamos) "unión".
- Bioluminescencia - do grego βίος (bíos) "vida" e o latín lumen "luz".
- Cuadrafónico - do latín quattuor "catro" e o grego φωνικός (-phonikós), derivado de φωνή phoné "voz, son".
- Disfunción - do grego δύσ- (dys) "falta; mal" e o latín functio "obra".
- Fregués - do latín fili, vocativo de filius "fillo" e o acusativo latino vulgar do grego ἐκκλησία ekklesía "reunión, asemblea".
- Hexadecimal - do grego ἕξ (hex) "seis" e un derivado do latín decimus "que ocupa o posto número dez"
- Homosexual — do grego ὁμός (homós), que significa "o mesmo; igual" e o latín sexus "sexo".
- Hiperactivo — do grego ὑπέρ (hypér) "quw sobra, exceso" e máis o latín activus "que actúa, que obra".
- Hipercorrección - do grego ὑπέρ (hypér) "exceso, que supera" e o latín correctio "corrección".
- Hipermercado - do grego ὑπέρ (hypér) "exceso, que sobra" e o latín mercatus.
- Liposucción - do grego λίπος (lípos) "graxa" e o latín suctio "zugamento".
- Metadato - do grego μετά (metá) "despois, alén de" e o latín datus que significa "dado, doado, ofrecido".
- Monóculo - do grego μόνος (mónos) "un" e o latín oculus "ollo".
- Monolingual — do grego μόνος (mónos) "un" e máis un derivado do latín lingua "lingua"; pero unilingual non é voz híbrida.
- Neonato — do grego νεός (neós), "novo" e o latín natus "nacido, nado".
- Neurotransmisor - do grego νεῦρον néuron, "nervio" e do latín trans "através" e dun derivado do tamén latino mittere "enviar, mandar".
- Periglacial - do grego περί (perí) "arredor, en torno" e o latín glacialis.
- Socioloxía — do latín socius, "compañeiro" e o grego λόγος (lógos), que pode significar "palabra", "razón", "discurso".
- Televisión — do grego τῆλε (tēle) "lonxe" e o latín visio "acción de ver".
- Verborrea - do latín verbum "palabra" e o grego ῥέω rhéo "eu aflúo".
Outras linguas
[editar | editar a fonte]- Burocracia - do francés bureau "despacho, oficina" e do grego κρατέω kratéo "exercicio do poder".
- Hidromasaxe - do grego ὕδωρ hýdor "auga" e o francés massage "frega".
- Monoplano - do grego μόνος (monos) "un" e o francés plan "á de avión".
- Beirarrúa - do prerromano *baria "orela" e o francés rue (que procede do latín ruga) "camiño, rúa".
- Gardagullas - do xermánico warda "vixilante" e o latín acucula "agulla".
- Porcoteixo - do latín porcus "cocho" e o gótico *thahsuks "teixugo".
- Sapoconcho - do prerromano *sappu "sapo" e o diminutivo latino tardío conchula "concha".
Por veces un dos compoñentes é un antropónimo:
- Galvanómetro - do apelido italiano Galvani e o grego μέτρον métron "medida".
- Voltímetro - do apelido italiano Volta e o grego μέτρον métron "medida".
Híbridos en onomástica
[editar | editar a fonte]A creación de vocábulos híbridos estendeuse tamén ao campo da onomástica. Basten uns cantos exemplos:
- Castrocontrigo - do latín castrum "fortificación" e o onomástico xermano, latinizado, Gunthericus.
- Guadiana - do árabe wadi "río" e o nome prerromano do río, Anas.
- Villalpando - do latín villa "vila" e o nome xermano, latinizado, Elipandus.
- Valdeorras - do latín vallis "val", a preposición latina de e máis o nome de pobo prerromano gigurri.