Hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Inverno 2014
As competicións de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 foi disputado en dúas sedes localizadas a 300 metros entre si no Parque Olímpico da cidade rusa de Sochi: o Bolshoy Ice Dome e o Shayba Arena. Por quinta vez na historia disputouse esta modalidade en categoría masculina e feminina, competindo doce equipos na primeira e oito na segunda. A fase preliminar comezou o día 8 de febreiro de 2014, e o torneo masculino rematou o 23 de febreiro, mentres que o feminino o fixo o 20.
Ao finalizar as dúas competicións, Canadá conseguiu o ouro nas dúas categorías logo de derrotar na final masculina a Suecia (3-0) e na feminina aos Estados Unidos (3-2 na prórroga), repetindo deste xeito o éxito acadado en Vancouver. Ademais a delegación canadense finalizou o torneo imbatida logo de gañar todos os partidos das dúas categorías.
Sedes
[editar | editar a fonte]O torneo olímpico de hóckey sobre xeo de Sochi 2014 celebrouse en dúas sedes localizadas a 300 metros entre si no Parque Olímpico de Sochi: o Pazo de Xeo de Bolshoy, con capacidade para 12.000 espectadores e inaugurado en 2012, que ten forma de ovo de Fabergé;[1] e o Arena Shayba, un pavillón inaugurado en 2013 e con capacidade para 7.000 espectadores, que é unha estrutura móbil que será empregada noutra cidade rusa despois dos Xogos Olímpicos.[2] Os dous estadios xa foran sede do Campionato do Mundo U18 celebrado na cidade rusa en 2013.[3]
As dúas sedes teñen tamaño internacional (60 x 30 metros), en oposición ao tamaño norteamericano empregado nos Vancouver.[4]
Pazo de Xeo de Bolshoy | Arena Shayba |
---|---|
12.000 | 7.000 |
Torneo masculino
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo masculino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014.
O torneo contará con 12 países participantes, 9 clasificáronse pola Clasificación Mundial da IIHF, e 3 clasificáronse logo dun torneo clasificatorio.[4] O formato será igual que en 2010, haberá tres grupos de catro equipos, con catro roldas de partidos eliminatorios. O gañador de cada equipo e o mellor segundo serán cabezas de serie, mentres que o resto de equipos xogarán unha eliminatoria para decidir qué catro equipos xogarán os cuartos de final.[5] A NHL acordou permitirlle aos seus xogadores participar no torneo.
Cualificación
[editar | editar a fonte]A cualificación para o torneo masculino foi determinada pola Clasificación Mundial da IIHF despois do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2012. Os nove mellores equipos da Clasificación Mundial clasificáronse automaticamente para os Xogos Olímpicos, mentres que o resto de seleccións tiveron a posibilidade de clasificar para os outros tres postos dos Xogos Olímpicos. Logo do torneo de cualificación, Eslovenia, Austria e Letonia sumáronse aos nove equipos xa clasificados.[4][6].
Participantes
[editar | editar a fonte]Participarán doce equipos divididos en tres grupos.
Grupo A | Grupo B | Grupo C |
---|---|---|
Xogadores
[editar | editar a fonte]Ao final do torneo, Canadá só concedera tres goles e Carey Price foi nomeado o mellor porteiro da competición. Por outra banda, o sueco Erik Karlsson foi designado mellor defensor, e o estadounidense Phil Kessel foi o máximo goleador e o mellor atacante con 5 goles e 8 puntos (os mesmos que Karlsson).[7]
Teemu Selanne, aos 43 anos e 234 días, converteuse no xogador de hóckey sobre xeo máis vello en gañar unha medalla olímpica, ao formar parte do equipo finlandés masculino que conseguiu o bronce. Selanne posúe tamén o récord olímpico de puntos totais de hóckey sobre xeo con 43.[8] De mesmo xeito, comparte o récord de máis participacións no torneo de hóckey sobre xeo olímpico con seis participacións en 2014.[9]
Non control antidopaxe nos Xogos Olímpicos, o xogador sueco Nicklas Bäckström dou positivo por pseudoefedrina no primeiro control e foi imposibilitado para xogar na final entre Suecia e o Canadá. O segundo control, analizado con posterioridade á final, tamén mostrou valores por riba do límite permitido.
Torneo feminino
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo feminino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014.
O torneo feminino tivo lugar entre os días 8 e 17 de febreiro. Participaron oito seleccións nun novo formano no cal os catro países mellor clasificados competirán no grupo A e o resto no B. Os dous peores clasificados do grupo A xogaron contra os dous mellores equipos do grupo B nos cuartos de final, e os equipos que gañaron xogaron contra o primeiro ou segundo clasificados do grupo A (clasificados directamente para as semifinais).[10]
Cualificación
[editar | editar a fonte]A cualificación para o torneo feminino dos Xogos Olímpicos de 2014 determinouse mediante a Clasificación Mundial da IIHF despois do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2012. Os cinco mellores equipos clasificáronse automaticamente para os Xogos Olímpicos, Rusia clasificouse automaticamente como organizador, e o resto de equipos tiveron a posibilidade de clasificar para os outros dous postos nos Xogos Olímpicos. Logo do torneo de cualificación, Alemaña e o Xapón sumáronse aos seis equipos xa clasificados.[4][11]
Participantes
[editar | editar a fonte]Participarán oito equipos divididos en dous grupos.
Grupo A | Grupo B |
---|---|
Xogadoras
[editar | editar a fonte]A nivel individual, a xogadora suíza Florence Schelling, foi nomeada a mellor porteira e a MVP do torneo. Por outra banda, as xogadoras finlandesas Jenni Hiirikoski e Michelle Karvinen foron designadas respectivamente mellor defensora e mellor atacante, Karvinen foi tamén a máxima goleadora do torneo.[12].
Medallas
[editar | editar a fonte]Medalleiro
[editar | editar a fonte]Posición | Equipo | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|---|
1 | Canadá | 2 | 0 | 0 | 2 |
2 | Suecia | 0 | 1 | 0 | 1 |
Estados Unidos | 0 | 1 | 0 | 1 | |
3 | Finlandia | 0 | 0 | 1 | 1 |
Suíza | 0 | 0 | 1 | 1 | |
Total | 2 | 2 | 2 | 6 |
Medallistas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bolshoi Ice Dome
- ↑ Shayba Arena
- ↑ IIHF (ed.). "IIHF Ice Hockey U18 World Championship - Games" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de abril de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "IIHF Olympics press release". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2014. Consultado o 05 de decembro de 2013.
- ↑ 2014 tournament format
- ↑ Marc Branchu. www.passionhockey.com, ed. "Qualifications pour les Jeux Olympiques 2014" (en francés). Consultado o 11 de abril de 2014.
- ↑ Marc Branchu. www.passionhockey.com, ed. "Jeux Olympiques de Sotchi 2014" (en francés). Consultado o 12 de abril de 2014.
- ↑ Kevin Oklobzija (22 de febreiro de 2014). USA Today, ed. "Teemu Selanne ends Olympic career a medalist".
- ↑ Dave Lozo (22 de febreiro de 2014). Bleacher Report, ed. "Olympic Hockey 2014: Finnish Flash Teemu Selanne Cements His Legacy".
- ↑ "27 events in IIHF program". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2014. Consultado o 05 de decembro de 2013.
- ↑ Marc Branchu. www.passionhockey.com, ed. "Qualifications pour les Jeux Olympiques 2014, féminines" (en francés). Consultado o 11 de abril de 2014.
- ↑ Marc Branchu. www.passionhockey.com, ed. "Jeux Olympiques de Sotchi 2014 - Tournoi féminin" (en francés). Consultado o 12 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Inverno 2014 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- IIHF: 2014 Olympic Winter Games (en inglés)
- "About" Arquivado 06 de abril de 2014 en Wayback Machine. no sitio web de Sochi 2014 (en inglés)
- SFRP Hockey Archive - Sochi 2014 (en inglés)