Vancouver
Epónimo | George Vancouver (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Provincia | Columbia Británica | ||||
Regional district in British Columbia (en) | Metro Vancouver (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 662.248 (2021) (5.758,68 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 115 km² | ||||
Bañado por | Rio Fraser (pt) , Burrard Inlet (en) e English Bay (en) | ||||
Altitude | 2 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | William Cornelius Van Horne (pt) | ||||
Creación | 1886 | ||||
Evento clave | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Ken Sim (en) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Vancouver City Council (en) Circunscrición: 1, (Escano: 11) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | V5K | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 604, 778 e 236 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Edimburgo (1978–) | ||||
Páxina web | vancouver.ca | ||||
Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia.
Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York. É un importante polo de transportes canadense, posuíndo o porto con máis movementos do Canadá e o segundo aeroporto internacional con máis movementos do país.
Un clima lene no inverno e morno no verán, alén dunha bela paisaxe natural en torno da cidade e moitos parques, praias e outros lugares de recreación, fai de Vancouver un importante polo turístico do Canadá. Vancouver é considerada por moitos como unha das mellores cidades do mundo para vivir (en numerosas investigacións, aparece en terceiro lugar, só detrás de Xenebra e Zürich, ambas en Suíza).
A cidade foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno en 2010, a Copa Grey en 2005, o Campionato Mundial de Hóckey Xunior e o Fórum Urbano Mundial, os dous últimos en 2006.
Poboación e multiculturalismo
[editar | editar a fonte]Vancouver é o lar de persoas con distintas etnias e credos. De acordo co Censo de 2001, cerca do 37% da poboación son "minorías visíbeis"—noutras palabras, persoas de orixe non europea. Ten a segunda maior Chinatown da América do Norte, detrás da de San Francisco, e diversas veciñanzas multiculturais tales como o Mercado Punxabí (the Punjabi Market), Japantown (lugar onde se concentran os inmigrantes xaponeses), Little Italy ("Pequena Italia"), Greektown (barrio dos inmigrantes gregos), e Koreatown (poboación de orixe coreana).