Saltar ao contido

Höder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Höðr»)
Loki engana a Höðr para que mate a Baldr.

Na mitoloxía nórdica, Höðr era un deus cego, irmán de Baldr. Matou involuntariamente ao seu irmán e morreu a mans de Vali, fillo de Odín.

Segundo relatan as Eddas, o deus Baldr tiña pesadelos que presaxiaban a súa morte, e súa nai, a deusa Frigg percorreu o mundo facéndolle xurar a todas as cousas que xamais danarían ao seu fillo. Loki soubo disto e enfureceuse, polo que foi falar con Frigg disfrazado e esta mencionoulle que non consideraba necesario facer xurar ao visgo, por consideralo inofensivo. Loki ao saber isto fixo un dardo utilizando unha rama de visgo e guiou a Höðr para que o lanzase como unha broma, matando así a Baldr.[1]

Noutra versión diferente do mito relatado na Gesta Danorum, non se fai mención de Loki, e Baldr é matado por Höðr dunha puñalada.[2]

  1. Sturluson, Snorri. trad. Arthur Gilchrist Brodeur, ed. "Gylfaginning, capítulo 49". Edda prosaica. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2008. Consultado o 17 de agosto de 2010. 
  2. Saxo Grammaticus. trad. Douglas B. Killings, ed. "Gesta Danorum, libro 3". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]