Calendario xermánico
Os calendarios xermánicos eran os calendarios rexionais utilizados polos primitivos pobos xermánicos, antes de que adoptaran o calendario xuliano na baixa Idade Media.
Os pobos xermánicos tiñan as súas propias designacións para os meses, as cales variaban segundo a rexión e o dialecto, estas denominacións foron posteriormente substituídas por adaptacións locais dos nomes dos meses romanos. Os rexistros existentes dos nomes dos meses en inglés antigo e alemán antigo remóntanse ós séculos VIII e IX, respectivamente. Os rexistros máis antigos dos nomes dos meses en antigo nórdico remóntanse ó século XIII. Ó igual que a maioría dos calendarios premodernos, a asociación utilizada na cultura xermánica primitiva posiblemente foi lunisolar. O calendario rúnico desenvolvido en Suecia é lunisolar, fixando o comezo do ano coa primeira lúa chea logo do solsticio de inverno.
Os nomes dos meses non coinciden, polo que non é posible postular nomes dunha etapa en xermánico común, excepto posiblemente o nome do mes da primavera e do inverno, *austr- e *jehul-. Os nomes das estacións son tamén xermánico común, *sumaraz, *harbistoz, *wentrus, e talvez *wēr- "primavera". As denominacións en xermánico común de "día", "mes" e "ano" eran *dagaz, *mēnō-þ- "Lúa" e *jǣrom. As dúas últimas proveñen de raíces protoindoeuropeas *me(n)ses-, *iero- mentres que *dagaz é unha innovación xermánica dunha raíz que significa "que se atopa quente, que queima".
Tácito na súa obra Xermania (cap. 11) dá algúns datos sobre como os pobos xermánicos do século I identificaban os días. En contraste co uso romano, eles consideraban que o día comenzaba co solpor, un sistema que na Idade Media foi coñecido baixo o nome de "asociación florentina". Este mesmo sistema era utilizado polos galos segundo se describe nas Commentarii de Bello Gallico de Cesar.
- "Xuntábanse, agás en caso de emerxencia imprevista, en certos días fixos, coa lúa nova ou a lúa chea; xa que eles consideraban a estes os días máis auspicios para realizar transaccións comerciais. No canto de guiarse polos días coma nós, eles referíanse ás noites, deste xeito eles fixaban tanto os seus compromisos ordinarios como tamén os legais. Eles consideran a noite como a orixe do día."[1]
Por outra parte, o concepto de semana foi adoptado polos romanos cara ao século I, as distintas linguas xermánicas adoptaron o sistema grecorromano de nomear os días da semana segundo os planetas clásicos, enxertando calcos semánticos para os nomes dos planetas, substituíndo os nomes dos deuses xermánicos nun proceso denominado interpretatio germanica.
Nomes dos meses
[editar | editar a fonte]Probablemente os meses eran lunares; o inglés antigo "mónaþ", antigo nórdico "mánaðr, e alto alemán antigo "mánód",[2] ó igual que o inglés moderno "month" (mes), o islandés moderno "mánuður", o noruegués moderno "måned", o sueco moderno "månad", o neerlandés moderno "maand", e o alemán "monat",[2] son todos derivados da verba "moon" (lúa), co sufixo -th. Esta conexión tamén se dá en varias outras linguas indoeuropeas. [3]
Unha das principais fontes de nomes dos meses en inglés antigo son os escritos do Venerable Beda. El deixou constancia dos nomes dos meses anglosaxóns pre cristiás na súa obra en latín coñecida como De temporum ratione (De mensibus Anglorum), escrito no ano 725.[4]
Carlomagno (r. 768-814) modificou o calendario xuliano para empregar os nomes dos meses relacionados coa agricultura en alto alemán antigo nas zonas baixo o seu dominio. Os mesmos foron utilizados ata o século XV, e o seu uso continuou no dialecto popular ata o século XIX.
Galego (xuliano romano) [Alemán moderno] | Inglés antigo / Anglo-saxón | Nórdico antigo | Alto alemán antigo (e o equivalente alto alemán moderno) | Alemán poético / Carolinxio |
---|---|---|---|---|
Xaneiro (Ianuarius) [Januar] | Æftera Jéola (en honra a Yule) ou Jiuli | Mörsugur (Suet-chupar) ou Jól (Yule) (a primeira metade do mes) e Þorri (Thor) (a segunda metade) | Harti-mánód (Alto alemán moderno: Härte monat, galego: Mes da gran xeada) | Hartung (Severeness), Eis-mond (Mes do xeo), ou Schnee-mond (Mes da neve) |
Febreiro (Februarius) [Februar] | Sol-mónaþ (mes Sol) ou Fillibrook (Brook-Filling) | Þorri e Gói (Posiblemente Inverno); Kyndilsmessa (vela/kindle-mass) | Hornung (Hornung, Cornamentas, o cambio das cornamentas) | Hornung (Horning)[1]) |
Marzo (Martius) [März] | Hréð-mónaþ (é da deusa Hréð ou Mes do salvaje [2]) | Gói e Ein-mánuðr | Lenzin-mánód (Lenz monat, Mes primavera) | Lenzing(Primaveral) ou Lenz-mond (Mes da primavera) |
Abril (Aprilis) [April] | Eostur-mónaþ("Mes de Pascua", "Mes primavera") (mes denominado en honra á deusa Eostre) | Ein-mánuðr e Harpa | Óstar-mánód (Oster monat) ("Ostern Mes Pascua)") | Oster-mond (ver tamén: deusa Eostre) |
Maio (Maius) [Mai] | Þrimilki-mónaþ (Mes dos tres muxidos) | Harpa e Skerpla | Drímilki[5] (no existe equivalente en NHG), Winni-mánód (Wonne monat) | Wonne-mond (Mes do Graze [Interpretación: Mes Blissfulness]) |
Xuño (Iunius) [Juni] | Ærra Líða (Antes do pleno verán) | Skerpla e Sól-mánuðr (Sol month) | Bráh-mánód (Brach monat) | Brachet ou Brach-mond (Mes Fallow) |
(Ningún; leap month) | Þrilíða (Terceiro medio verano) | (ningún) | (ningún) | (ningún) |
Xullo (Quintilis/Iulius) [Juli] | Æftera Líða (Logo da metade do verán) | Sól-mánuðr e Heyannir (Mes de Sol, do feo) | Hewi-mánód ou Hou-mánód (ambos Heu monat, mes do feo) | Heuert ou Heu-mond (Mes do feo) |
Agosto (Sextilis/Augustus) [August] | Weod-mónaþ (Mes das plantas) | Heyannir (mes do feo) e Tvímánuðr (Mes dobre) | Aran-mánód (Ernte monat, Mes da colleita) | Ernting ou Ernte-mond (Colleitando, Mes Granos / Mes cosecha) |
Setembro (September) [September] | Hálig-mónaþ (Mes santo) ou Hærfest-mónaþ (mes da colleita) | Tví-mánuðr e Haust-mánuðr (Mes da colleita/outono) | Witu-mánód (Holz monat, Mes da madeira); ou Herbist-mānōd (Mes das follas, Mes das herbas, Mes da colleita) | Scheiding (Separating) ou Herbst-mond (Mes outono) |
Outubro (October) [Oktober] | Winterfylleth (Winterfilled) ou Rujern (colleita do Rye) ou Win-mónaþ (Mes do viño) | Haust-manuðr e Gor-mánuðr | Windume-mánód (Weinlese monat, Mes da viño) | Gilbhart / Gilbhard (Bosque amarelento, ) o Wein-mond (Mes do viño) |
Novembro (November) [November] | Blót-mónaþ (Mes Blót) | Gor-mánuðr e Frer-mánuðr (Mes da xeada) | Wintar-mánód (Winter monat) | Nebelung (Fogging) ou Nebel-mond (Mes da néboa) ou Winter-mond (Mes inverno) |
Decembro (December) [Dezember] | Ærra Jéola (Antes de Yule) ou Jiuli (Yule) | Frer-mánuðr e Morsugr or Jól (mes Yule) | (Jul monat) | Jul-mond (Mes Yule) ou Heil-mond (Holy Month) ou Christ-mond (Mes de Cristo) |
Calendario islandés
[editar | editar a fonte]O antigo calendario islandés non se utiliza máis, pero algúns días festivos anuais aínda se calculan a partir del. Posúe 12 meses, divididos en dous grupos de seis a miúdo denominados "meses do inverno" e "meses do verán". O calendario distínguese en canto a que os meses sempre comezan o mesmo día da semana en vez de na mesma data. Polo tanto Þorri sempre comenzaba un venres entre o 9 e o 15 de xaneiro do calendario xuliano, Góa sempre comeza un domingo entre o 8 e o 14 de febreiro do calendario xuliano.
- Skammdegi ("días curtos").
- Gormánuður (mediados de outubro - mediados de novembro, "mes de carneo" ou "mes de Gór").
- Ýlir (mediados de novembro - mediados de decembro, "mes Yule").
- Mörsugur (mediados de decembro - mediados de xaneiro, "mes de chuchar graxa").
- Þorri (mediados de xaneiro - mediados de febreiro, "mes da neve xeada").
- Góa (mediados de febreiro - mediados de marzo, "mes de Góa", véxase Nór).
- Einmánuður (mediados de marzo - mediados de abril, "só" ou "mes solitario").
- Náttleysi ("días sen noites").
- Harpa (mediados de abril - mediados de maio, Harpa é un nome feminino, probablemente o dunha deusa esquecida, o primeiro día do Harpa celébrase o Sumardagurinn fyrsti - primeiro día do verán).
- Skerpla (mediados de maio - mediados de xuño, outra deusa esquecida).
- Sólmánuður (mediados de xuño - mediados de xullo, "mes do sol").
- Heyannir (mediados de xullo - mediados de agosto, "mes do feo").
- Tvímánuður (mediados de agosto - mediados de setembro, "dous" ou "segundo mes").
- Haustmánuður (mediados de setembro - mediados de outubro, "mes do outono").
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Coeunt, nisi quid fortuitum et subitum inciderit, certis diebus, cum aut inchoatur luna aut impletur: nam agendis rebus hoc auspicatissimum initium credunt. Nec dierum numerum, ut nos, sed noctium computant. Sic constituunt, sic condicunt: nox ducere diem videtur.
- ↑ 2,0 2,1 http://www.koeblergerhard.de/germanistischewoerterbuecher/althochdeutscheswoerterbuch/ahdM.pdf
- ↑ http://www.etymonline.com/index.php?search=month&searchmode=none
- ↑ "Beda Venerabilis, De Temporum Ratione, Chapter 15, "De mensibus Anglorum"". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2007. Consultado o 10 de febreiro de 2013.
- ↑ http://www.koeblergerhard.de/germanistischewoerterbuecher/althochdeutscheswoerterbuch/ahdD.pdf