Saltar ao contido

Hackeamos o patriarcado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hackeamos o patriarcado
Autor/aVarias autoras
Lingualingua galega
ColecciónFeminismos
Tema(s)feminismo
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.xullo de 2024
Formato135 x 210. Rústica con lapelas, tapa branca (edición de peto)
Páxinas180
ISBNISBN 978-84-1176-318-9
editar datos en Wikidata ]

Hackeamos o patriarcado é un ensaio coordinado por Soledad Torres publicado en 2024 no marco da colección Feminismos editado pola Editorial Galaxia.

Características

[editar | editar a fonte]

Este traballo amosa como "As desigualdades de xénero amplifícanse no mundo dixital, onde non hai barreiras temporais e xeográficas, nin, por tanto, refuxio. Nas redes sociais, a violencia contra as mulleres e as disidencias sexuais e identitarias multiplícase. Tamén a asistencia dixital, cada vez máis presente nas nosas vidas, está ateigada de estereotipos sexistas e de tolerancia á violencia de xénero". O libro amosa resultados de investigacións da Universidade de Vigo, que analizan estes problemas e "propoñen solucións e referentes para que o mundo dixital sexa un espazo seguro e de crecemento para todas"[1]

Os capítulos son:

  • Unha ollada feminista á asistencia dixital de Torres Guijarro, Soledad, Vázquez Silva, Iria e Rodríguez García, Mercedes
  • Violencias de xénero dixitais, a falacia do virtual como un espazo alleo ao real de Piñeiro Otero, Teresa.e Martínez Rolán, Xabier
  • Por que hai tan poucas mulleres no eido da enxeñaría? : unha imaxe conxelada de Rivas Brea, Teresa, Vázquez Silva, Iria; Alonso Prieto, Elena; Saavedra González, Angeles; Pozo Antonio, José Santiago.; Torres Guijarro, Soledad; Araújo, María; Longo González, María Asunción.
  • As mulleres que nos levaron ao espazo de Lorenzo González, María de las Nieves, Calvo Iglesias, Encina e Alvarez Fernández, María Inés.
  • Instagram e os perigos sexistas para a mocidade de Arévalo Iglesias, Lorena e Martínez López de Castro, Rut.
  • A mocidade galega diante da elección de estudos tecnolóxicos de Alvarez Lires, Mari e Alvarez Lires, Xabier
  • A importancia de deseñar algoritmos que detecten a violencia de xénero dixital de Rebeca Díaz Redondo, Mateo Ramos, Ana Fernández e Sonia Valladares
  1. "Hackeamos o patriarcado". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-08-20.