Saltar ao contido

Halo (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Halo
Vista do Halo desde a rúa de García Barbón.
Tipoinfraestrutura Editar o valor en Wikidata
Uso(s)Ascensor panorámico, miradoiro.
Localización
Mapa
 42°14′09″N 8°42′44″O / 42.23580633, -8.71231495
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloVigo Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónVigo
Construción
Inicio2022
Inauguración16 de febreiro de 2024 Editar o valor en Wikidata
Implicados
PropietarioConcello de Vigo
Patrimonio cultural
DistinciónsLoop Design Awards
Wikidata ]

O Halo é unha infraestrutura civil na cidade de Vigo, inaugurada o 16 de febreiro de 2024, que une a rúa García Barbón coa estación multimodal de trens e autobuses.

Características

[editar | editar a fonte]

Parte dende o centro comercial Vialia, pasa sobre a autoestrada AP-9 e contén dous ascensores, evitando un rodeo duns 2 quilómetros. A estrutura conta con dúas cabinas de 2,73 metros cadrados e unha capacidade para 17 persoas cada unha.

A obra levou 16 meses e tivo un orzamento de 15,8 millóns de euros. Trátase dun ascensor panorámico, translúcido, que salva 50 metros nuns 30 segundos. Conta con catro aeroxeradores que permiten aos ascensores funcionar coma elementos autosuficientes.

Ademais da súa función como ascensor, o Halo preséntase como un miradoiro da cidade con vistas á ría de Vigo.

O 7 de febreiro de 2024, antes da inauguración, un home de 31 anos suicidouse lanzándose desde o Halo. Tras a inauguración, o 22 de febreiro, un mozo de 21 anos faleceu do mesmo xeito.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O Halo recibiu o primeiro premio internacional de arquitectura Loop Design Awards, na categoría de arquitectura non construída[2] no ano 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]