Haloxylon
Haloxylon | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Haloxylon ammodendron | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Haloxylon é un xénero de plantas anxiospermas da orde das cariofilales e da familia das amarantáceas.
Comprende 25 especies descritas, propias de España, norte de África e Asia central e oriental (Mongolia e a China),[1] pero destas, só 7 son acaceptadas actualmente.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1851 polo botánico xermano-ruso Alexander von Bunge e publicado en Botanical Journal of the Linnean Society 75 (4): 366.[3]
A especie tipo é Haloxylon ammodendron (C.A.Mey.) Bunge ex Fenzl.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Haloxylon está formado polos elementos do latín científico halo- e -xylon, derivados das voces do grego antigo ἅλς háls, "sal" e ξύλον xýlon, "madeira". Literalmente: "as árbores do sal", que se refire tanto aos lugares de crecemento destas plantas, a miúdo salgados, así como á acumulación de sal nelas.
Especies aceptadas
[editar | editar a fonte]A continuación relaciónase unha lista das especies do xénero Haloxylon aceptadas até xuño de 2014, ordenadas alfabeticamente e indicando para cada unha o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos habituais.
- Haloxylon ammodendron (C.A.Mey.) Bunge ex Fenzl
- Haloxylon griffithii (Moq.) Boiss.
- Haloxylon negevensis (Iljin & Zohary) Boulos
- Haloxylon persicum Bunge ex Boiss. & Buhse
- Haloxylon salicornicum (Moq.) Bunge ex Boiss
- Haloxylon schmittianum Pomel
- Haloxylon scoparium Pomel
- Haloxylon stocksii (Boiss.) Benth. & Hook. f.
- Haloxylon tamariscifolium (L.) Pau
Características
[editar | editar a fonte]Son pequenas árbores ou arbustos con caules articulados, fráxiles, e follas opostas reducidas. As flores nacen en pólas curtas na parte inferior das pólas máis vellas, cun par de bractéolas máis ou menos membranosas, solitarias, nas axilas das brácteas. Segmentos do perianto membranosos, libres, con guedellas de pelos basais, desenvolvendo ás nos froitos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Haloxylon Bunge ex Fenzl no Real Xardín Botánico de Kew.
- ↑ Haloxylon en PlantList Consultada o 13 de abril de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Haloxylon". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haloxylon ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Haloxylon |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The International Plant Names Index Haloxylon.
- Bunge, Alexander Andrejewitsch (Aleksandr Andreevic, Aleksandrovic) von - ?, 1851: Ledeb. Fl. Ross. 3: 819.