Hamaca paraguaya
Hamaca paraguaya | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hamaca paraguaya |
Director | Paz Encina |
Produtor | Lita Stantic Marianne Slot Ilse Hughan |
Guión | Paz Encina |
Intérpretes | Georgina Genes Ramón del Río Jorge López Benjamín Blanco Domiciano Figueredo |
Música | Tema musical “Renacer” de Oscar Cardozo Ocampo interpretado por Berta Rojas |
Fotografía | Willi Behnisch |
Montaxe | Miguel Schverdfinger |
Estrea | 2006 |
Duración | 73 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Hamaca paraguaya é un filme paraguaio dramático de 2006 escrito e dirixido por Paz Encina. Gañou o Premio Fipresci na sección Un certain regard do Festival de Cannes de 2006.[1] Esta coproducida por Paraguai, xunto con Francia, os Países Baixos, Austria, Alemaña, a Arxentina, e foi rodada integramente en Paraguai. Completamente falada en guaraní, o filme transcorre durante as últimas horas da guerra do Chaco, que se librou entre Paraguai e Bolivia. Foi estreado o 2 de novembro de 2006.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia, contada cinematograficamente cuns poucos planos fixos e con diálogos en off, desenvólvese durante un único día, o 14 de xuño de 1935. O lugar, unha paraxe selvática illada en terras paraguaias. Os protagonistas: Cándida e Ramón, un matrimonio ancián de campesiños. O seu fillo, Maximiliano Ramón Caballero, marchou para combater na guerra do Chaco, e ambos os pais esperan o seu regreso. O pai faino con optimismo, confiando en que volverá ver o seu fillo con vida; a nai, porén, vese embargada polos máis funestos presentimentos.
Ámbolos dous agardan baixo un ceo encapotado que non acaba de romper en choiva, entre unha calor e o molesto ladrar da cadela que o seu fillo lles deixou para que coidasen durante a súa ausencia. Finalmente, un carteiro chega coa resposta esperada referente ó fillo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Georgina Genes como Cándida
- Ramón del Río como Ramón
- Jorge López como voz do fillo
- Benjamín Blanco como voz do emisario
- Domiciano Figueredo como voz do veterinario
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Paraguayan Hammock". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 15 de decembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hamaca paraguaya na IMDb (en inglés).