Hangaku Gozen
Aparencia
Nome orixinal | (ja) 坂額御前 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XII Xapón |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | comandanta |
Familia | |
Cónxuxe | Asari Yoshitoo |
Hangaku Gozen (en xaponés: 板額御前) foi unha muller samurai (onna-bugeisha) xaponesa, unha das poucas guerreiras do seu país coñecidas e referenciadas na historia e a literatura clásica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa vida transcorreu entre a fin do período Heian e o comezo do período Kamakura. Era a filla dun guerreiro samurai chamado Jō Sukekuni (城資国). Os seus irmáns eran Jō Sukenaga (城資永) e Jō Nagamochi (城長茂 ou Sukemochi 助茂).
Hangaku loitou e axudou na defensa do castelo de Echigo en 1201. Vestida con roupas de home, foi abatendo coas súas frechas dende a torre do castelo a tódolos atacantes que se achegaban. Finalmente, un arqueiro evitouna e rodeándoa pola parte de atrás do castelo, foi quen de ferila cunha frecha.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cook, Bernard (2006). ABC-CLIO, ed. Women and War: A Historical Encyclopedia from Antiquity to the Present. pp. 326–327.