Hanna Arsenych-Baran
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1970 Nyzhnii Bereziv, Ucraína (en) |
Morte | 1 de abril de 2021 (50 anos) Chernigov, Ucraína |
Educación | Vasyl Stefanyk Prycarpathian National University (en) (–1992) |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Membro de |
Hanna Vasylivna Arsenych-Baran (en ucraíno: Баран Ганна Василівна), nada en Nyzhnii Bereziv o 26 de xuño de 1970 e finada o 1 de abril de 2021, foi unha novelista, poeta, mestra de escola e escritora de prosa ucraína.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no pobo de Nyzhnii Bereziv,[2] no distrito ou Raión de Kosiv, na rexión ou Óblast de Ivano-Frankivsk.[3] Na súa familia, por parte de nai e de pai, traballaran en negocios, na medicina, historia local, tivo poetas, sacerdotes e científicos; algúns pertencentes a Organización de Nacionalistas Ucraínos e do Exército Insurxente Ucraíno.[4] Graduouse na escola secundaria cunha medalla de ouro, e no ano 1992 na Facultade de Filoloxía da Universidade Nacional Vasyl Stefanyk Precarpathian.[4][5]
Comezou sendo profesora de lingua e literatura ucraínas nas escolas de Kosiv Raion.[4]En 1998, mudouse a Chernígov con membros da súa familia, e traballou no Liceo Número15.[5][6]Recibiu unha invitación para traballar como metodóloga no Departamento de Ciencias Sociais e Humanidades. Foi nomeada profesora titular no Departamento de Filoloxía e Métodos de Ensino da Universidade Pedagóxica Nacional KD Ushinsky do Sur de Ucraína que dirixiu desde 2015.[6] Converteuse en membro da Unión Nacional de Escritores de Ucraína en 1998. Foi elixida presidenta da organización rexional Chernígov da Unión Nacional de Escritores de Ucraína en novembro de 2016.[3][6]
Publicou a súa primeira colección de poesía, Towel on Viburnum, en 1997 e logo foi autora dunha segunda colección de poesía titulada Cherry Music ao ano seguinte.En 2001, publicou a colección de poesía Blooming Hawthorn e o libro de prosa Under the Apples of Paradise no mesmo ano.[5] Escribiu o libro en prosa On Monday everything will be different e a colección de poesía Trembling Hyacinths dous anos despois. En 2005, seguiu coa publicación da colección de poesía Hope in the Spring, o libro de prosa As the moon rises e a novela Quiet Street of the Evening City. Escribiu Sweet Words of prose en 2010, compilou a antoloxía de 3.000 oracións en verso cristián ucraíno do século a principios do XXI chamada Prayer raises the sky o ano seguinte, así como as novelas Muska e Rejoice, Bride! en 2018.[4] Compilou o Dicionario de homónimos interlingüísticos ucraíno-ruso en 2020, unha colección de case 4000 palabras en ruso e ucraíno nas que traballara durante media década.
Tamén escribiu unha serie de cancións para algúns compositores. As súas obras foron traducidas ao armenio, bielorruso e inglés. Editou máis de cen libros de texto sobre lingua e literatura ucraínas.[3] Tamén publicou varios dicionarios, e foi autora de catorce libros de prosa e poesía.[7][8] As súas obras tamén se publicaron en revistas locais.[4]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Legado
[editar | editar a fonte]O Consello do Óblast de Chernígov dixo que Arsenych-Baran enriquecera "o tesouro creativo de Chernihiv e Ucraína con novelas interesantes e profundas, unha serie de obras poéticas e en prosa, participando activamente en actividades científicas e metodolóxicas".[10]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estaba casada con Myron Baran, a quen coñeceu na universidade.[4] A parella tivo un fillo.[7] A última hora da tarde do 1 de abril de 2021, morreu repentinamente por complicacións da COVID-19 tras ser dada de alta do hospital cunha melloría do seu estado un día antes. O seu funeral e o enterro fixéronse dous días despois.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "У Чернігові померла письменниця Ганна Арсенич-Баран, яка лікувалася від коронавірусу". 24 Канал (en ucraíno). Consultado o 2022-10-18.
- ↑ "Біла хата.Королева тонкого полотна і гармонії - Біла хата". 2021-06-13. Archived from the original on 13 de xuño de 2021. Consultado o 2022-10-05.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Арсенич-Баран Ганна Василівна — Енциклопедія Сучасної України". esu.com.ua. Consultado o 2022-10-18.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Brik, Alexey. "Королева тонкого полотна і гармонії" (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2021. Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Арсенич-Баран Ганна Василівна; Біографія" (en ucraíno). Library of Ukrainian Literature. Arquivado dende o orixinal o 18 de mayo de 2021. Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "ПІСНЮ РАДОСТІ СПІВАЛА, СЛОВОМ ЧАРУВАЛА … – ЧОІППО ім. К.Д. Ушинського" (en ucraíno). Consultado o 2022-10-18.
- ↑ 7,0 7,1 "Пішла з життя поетеса Ганна Арсенич-Баран" [The poet Hanna Arsenych-Baran passed away] (en ucraíno). New Chernihiv. 2 de abril de 2021. Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ Bondar, Maria (2 de abril de 2021). "У Чернігові померла письменниця Ганна Арсенич-Баран, яка лікувалася від коронавірусу" [Writer Hanna Arsenych-Baran, who was treated for coronavirus, died in Chernihiv] (en ucraíno). Channel 24 (Ukraine). Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ "Пам'яті Ганни Арсенич-Баран" (en ucraíno). Chernihiv Regional Literary-Memorial Museum of Mykhailo Kotsiubinsky. 2 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2021. Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ "Світлій пам'яті Ганни Арсенич-Баран" (en ucraíno). Chernihiv Regional Council. 2 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2022. Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ "У Чернігові померла письменниця Ганна Арсенич-Баран, яка лікувалася від коронавірусу". 24 Канал (en ucraíno). Consultado o 2022-10-18.