Hans Georg Stehlin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1870 Basilea, Suíza |
Morte | 18 de novembro de 1941 (71 anos) Basilea, Suíza |
Residencia | Suíza |
Educación | Universidade de Basilea |
Q89547790 | cuñar o termo Gran Ruptura |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía |
Ocupación | paleontólogo, xeólogo |
Empregador | Museo de Historia Nacional de Basilea |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Stehlin |
Hans Georg Stehlin, nado en Basilea o 13 de xaneiro de 1870 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1941, foi un xeólogo suízo especializado en paleontoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de obter en 1893 o doutoramento en Zooloxía na Universidade de Basilea, Stehlin especializouse na paleontoloxía dos vertebrados, especialmente nos mamíferos do cenozoico. Publicou numerosos artigos científicos sobre os primates e os ungulados.
Foi xefe do Departamento de Osteoloxía do Museo de Historia Natural de Basilea e, desde 1920 até a súa morte en 1941, presidente da comisión do Museo (e, polo tanto, director).[1] Recolectou moitos mamíferos fósiles do terciario en Francia, por exemplo, en Senèze, en Auvergne.
En 1910 Stehlin cuñou o termo Gran Ruptura para referirse á extinción masiva na que se desapareceron numerosos organismos, especialmente mamíferos de Europa, que ocorreu hai 33,9 millóns de anos e que marca o final do eoceno, é dicir, o límite entre o eoceno e o oligoceno.[2]
Entre os seus colaboradores en Basilea estaba Samuel Schaub (que foi o seu sucesor no Museo).
Distincións
[editar | editar a fonte]Stehlin foi honrado polo seu compatriota o zoólogo Ehrenfried Schenkel que lle deu, en 1901, o seu nome ao lagarto canario Gallotia stehlini.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Urs Rahm (1980): "Historisches", en: Otto Wittmann, edit.: Raritäten und Curiositäten der Natur: Die Sammlungen des Naturhistorischen Museums Basel. Basel: Birkhäuser Verlag. ISBN 978-3-7643-1191-9, p. 11.
- ↑ Stehlin, H. G. (1910). "Remarques sur les faunules de Mammifères des couches eocenes et oligocenes du Bassin de Paris ". Bulletin de la Société Géologique de France 4 (9): 488–520..
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Gallotia stehlini, p. 252).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Schenkel, Ehrenfried (1901): "Achter Nachtrag zum Katalog der herpetologischen Sammlung des Basler Museums". Verhandlungen der Naturforschenden Gesellschaft in Basel 13: 142-199. (Lacerta galloti var. stehlini, new variation, p. 187).
- Le Tensorer, Jean-Marie (1988): Le Paléolithique en Suisse. Grenoble: FranciaJérôme Millon. ISBN 978-2-8413-7063-4-
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras de ou sobre Hans Georg Stehlin en Internet Archive
- Stehlin, H. G. (1903). "Die Säugetiere des schweizerischen Eocaens: critischer Catalog der Materialien". Artigo de Stehlin sobre algúns mamíferos do eoceno.