Saltar ao contido

Hans Holbein o Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hans Holbein o Mozo»)
Modelo:BiografíaHans Holbein o Novo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Hans Holbein Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1497 Editar o valor en Wikidata
Augsburgo (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 1543 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Londres (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepeste Editar o valor en Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo alemán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e gravado Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Boloña
Basilea
Lucerna
Venecia
Florencia
Roma
Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante, exlibrist (en) Traducir, artista visual, Retratista, gravador, ilustrador, artista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico, retrato e arte sacra Editar o valor en Wikidata
MovementoRenascimento alemão (pt) Traducir e Renacemento nórdico Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoHolbein: the paintings of Hans Holbein the Younger (en) Traducir (1985) Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHolbein family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosPhilipp Holbein I. Editar o valor en Wikidata
PaiHans Holbein, o Velho Editar o valor en Wikidata
IrmánsAmbrosius Holbein Editar o valor en Wikidata
ParentesSigmund Holbein, tío Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Holbein, Hans (der Jüngere), 249)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:Het leven van Hans Holbeen, uytnemende Schilder., M206)
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX870074 Musicbrainz: 7f49bbd8-615e-4c53-9f4e-919710d6ddb4 WikiTree: Holbein-95 Find a Grave: 10309291 Editar o valor en Wikidata

Hans Holbein o Novo foi un pintor e gravador alemán, nado en Augsburgo quizais en 1497 e morto en Londres o 29 de novembro de 1543.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo segundo do pintor Hans Holbein o Vello (ca. 1465 - 1524), era irmán máis novo do tamén pintor Ambrosius Holbein (ca. 1493/94 - ca. 1519), xunto ao cal aprendeu no obradoiro paterno.

Etapa suíza

[editar | editar a fonte]

En 1515, a súa familia asentouse en Basilea, un dos núcleos do humanismo, onde se relacionou con Erasmo de Rotterdam. De 1516 a 1526, estivo a traballar para a alta burguesía de mercadores, e executa retratos, composicións de temas relixiosos, decoracións murais, cartóns par vitrais e máis gravuras. De aí que o Kunstmuseum da cidade (Museo de arte de Basilea) posúa a máis importante colección mundial de obras da familia Holbein. En tanto, influenciado por Matthias Grünewald, o seu estilo abriuse aos conceptos novidosos da Renacemento italiano.

Etapa inglesa

[editar | editar a fonte]

En 1526, fuxindo da Reforma protestante, marchou para Londres, sendo recomendado por Erasmo a Thomas More. Esa época constituíu o apoxeo na súa carreira. Realizou daquelas un proxecto de arco de triunfo para celebrar a entrada de Anne Boleyn en Londres e pintou o famoso cadro Os embaixadores en 1533. Este cadro de Os Embaixadores posúe características especiais. Unha parte desta obra está realizada consonte o procedemento do anamorfismo[1]. Así, se a nosa mirada se coloca con relación á parte esquerda do cadro, vemos aparecer un cranio humano en medio dos dous personaxes. A presenza do cranio torna a obra nun "memento mori", unha "vanitas", que chama á humildade: o embaixadores retratados eran así convidados a lembrar que eran tan mortais como calquera.

No 1536, nomeado como pintor de cámara do rei Henrique VIII de Inglaterra, converteuse no retratista oficial da corte de Inglaterra. En 1543, en plena gloria, faleceu a causa de ter contraído a peste.

Foi un retratista que buscaba, por detrás das aparencias, as expresións significativas dos rostros. Tentou tamén de ás tradicións góticas as novas tendencias humanistas.

  1. Anamorfose: imaxe que aparece cando se cambia o ángulo de visión

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]