Saltar ao contido

Harar

Modelo:Xeografía políticaHarar
Imaxe

Localización
Mapa
 9°18′40″N 42°07′40″L / 9.3111111111111, 42.127777777778
EstadoEtiopía
RexiónsRexión de Harari Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación129.000 (2015) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude1.885 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de

Harar (en harari: ሐረር ; en oromo: Adare Biyyo), e coñecida polos seus habitantes como Gēy (en harari: ጌይ),[1] é unha cidade amurallada do leste de Etiopía. É a capital de Hararghe leste e da rexión de Harari de Etiopía. A cidade atópase no cumio dun outeiro na extensión leste de Oromia, a preto de cincocentos quilómetros da capital nacional Adís Abeba e atópase a unha altitude de 1 885 metros. Segundo a Axencia Central de Estatística de 2005, Harar tiña unha poboación estimada de 122 000 habitantes, dos cales 60 000 son homes e 62 000 son mulleres.[2] Segundo o censo de 1994, sobre o cal está feita a estimación da axencia, a cidade tiña unha poboación de 76 378 persoas.

Durante séculos, Harar foi un gran centro comercial, ligado a rutas comercias co resto de Etiopía, co Corno de África, a Península Arábiga, e a través dos portos, con todo o mundo. Harar Jugol, a antiga cidade amurallada, foi considerado Patrimonio da Humanidade en 2006 pola UNESCO en recoñecemento da súa herdanza cultural.[3] É coñecida en árabe como a "Cidade dos Santos" (مدينة الأَوْلِيَاء, madinat al-awliyaʾ). De acordo coa UNESCO, é "considerada 'a cuarta cidade santa' do islam", con 82 mesquitas, tres das cales datan do século X, e 102 santuarios.[4][5]

  1. Leslau 1959, p. 276.
  2. CSA 2005 National Statistics Arquivado 13 de agosto de 2007 en Wayback Machine., Table B.4
  3. Un.org, ed. (13 de xullo de 2006). "Panda sanctuary, tequila area join UN World Heritage sites". Consultado o 23 de xullo de 2013. 
  4. World Heritage List (ed.). "Harar Jugol, the Fortified Historic Town". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de agosto de 2009. It is considered 'the fourth holy city' of Islam, having been founded by a holy missionary from the Arabic Peninsula. 
  5. "Five new heritage sites in Africa". BBC. 13 de xullo de 2006. Consultado o 18 de decembro de 2006. Harar Jugol, seen as the fourth holiest city of Islam, includes 82 mosques, three of which date from the 10th Century, and 102 shrines. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fritz Stuber, "Harar in Äthiopien - Hoffnungslosigkeit und Chancen der Stadterhaltung" (Harar in Ethiopia - The Hopelessness and Challenge of Urban Preservation), in: Die alte Stadt. Vierteljahreszeitschrift für Stadtgeschichte, Stadtsoziologie, Denkmalpflege und Stadtentwicklung (W. Kohlhammer Stuttgart Berlin Köln), Vol. 28, No. 4, 2001, ISSN 0170-9364, pp. 324–343, 14 ill.
  • David Vô Vân, Mohammed Jami Guleid, Harar, a cultural guide, Shama Books, Addis Abeba, 2007, 99 páxinas
  • Salma K. Jayyusi, ed. (2008). "Harar: the Fourth Holy City of Islam". The City in the Islamic World. Leiden: Koninklijke Brill. pp. 625–642. ISBN 9789004162402.