Saltar ao contido

Hasan Mahboob

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHasan Mahboob

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) حسن محبوب Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Kenya Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaMaratón Editar o valor en Wikidata
Participou en
2014Jogos Asiáticos de 2014 (pt) Traducir
2012Xogos Olímpicos de 2012
2010Jogos Asiáticos de 2010 (pt) Traducir
2008Xogos Olímpicos de 2008
2006Jogos Asiáticos de 2006 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14175122 Editar o valor en Wikidata

Hasan Mahboob Ali, nado como Silas Kirui o 31 de decembro de 1981 en Kipsabet (Kenya), é un atleta nacionalizado bahraní, especialista en longas distancias e en cross.

Comezou a súa carreira profesional no ámbito das carreiras en estrada. En 2006, ao igual ca outros moitos atletas quenianos, nacionalizouse por un pequeno país de Oriente Medio, que lle ofrecía boas condicións de adestramento e a posibilidade de competir a nivel internacional, neste caso por Bahrain. Representando a este país proclamouse campión de Asia en 2006, na distancia dos 10.000 m. Ao ano seguinte obtivo o bronce nesa mesma distancia e competición, e aínda que fixo a mínima necesaria para participar nos mundiais de Osaka de 2007, non tomou a saída.

Nos mundiais de cross de 2008, en Edimburgo, tampouco rematou a proba.