Haskell Wexler
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1922 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 27 de decembro de 2015 (93 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de California, Berkeley Roger C. Sullivan High School (en) Francis W. Parker School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de fotografía, cámara, actor, guionista, director de cinema, realizador |
Período de actividade | 1955 - |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Fillos | Mark Wexler |
Premios | |
| |
Sitio web | haskellwexler.com |
|
Haskell Wexler, nado en Chicago (Illinois) o 6 de febreiro de 1922 e finado en Santa Monica (California) o 27 de decembro de 2015 foi un director de fotografía, produtor e director de cinema estadounidense. Foi considerado un dos máis influentes directores de fotografía da historia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wexler naceu en Chicago en 1922, nunha familia xudía.[2] Tras un ano na Universidade de California, Berkeley decidiuse converterse en cineasta. En Chicago realizou varios documentais, como The Living City, que foi candidato ao Oscar á mellor curtametraxe documental.
En 1947 converteuse en axudante de cámara, traballando en documentais, docudramas e anuncios para a televisión. En 1963 traballou por primeira vez nun filme de grande orzamento, América, América, de Elia Kazan.
Foi candidato ao Oscar á mellor fotografía en cinco ocasións, e gañouno por ¿Quen teme a Virginia Woolf? (1966) e Bound for Glory (1976). Este último foi o primeiro filme no que se empregou a Steadicam.
Wexler tamén dirixiu filmes como Medium Cool (1969), Latino (1985) e From Wharf Rats to Lords of the Docks (2007).[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Stakeout on Dope Street, 1958
- The Savage Eye, 1960
- Hoodlum Priest, 1961
- Angel Baby, 1961
- Face in the Rain, 1963
- América, América, 1963
- The Best Man, 1964
- The Loved One, 1965 (also producer)
- ¿Quen teme a Virginia Woolf?, 1966
- Na calor da noite, 1967
- O caso Thomas Crown, 1968
- Medium Cool, 1969 (tamén director e guionista)
- American Graffiti, 1973 ("Visual Consultant")
- Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975
- Bound for Glory, 1976
- O regreso, 1978
- Days of Heaven, 1978
- Second-Hand Hearts, 1981
- Lookin' to Get Out, 1982
- The Man Who Loved Women, 1983
- Matewan, 1987
- Colors, 1988
- Three Fugitives, 1989
- Blaze, 1989
- Other People's Money, 1991
- The Babe, 1992
- The Secret of Roan Inish, 1994
- Canadian Bacon, 1995
- Mulholland Falls, 1996
- The Rich Man's Wife, 1996
- Limbo, 1999
- 61*, 2001
- Silver City, 2004
- The Writer with No Hands, 2014 (cameo)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Top 10 Most Influential Cinematographers Voted on by Camera Guild". PRNewswire. 16 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Haskell Wexler: The Hollywood Interview". Haskell Wexler's personal blog. Arquivado dende o orixinal o 02-02-2014. Consultado o 17-1-2014.
- ↑ "From Wharf Rats to the Lords of the Docks: The Life and Times of Harry Bridges". The Harry Bridges Project. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 29 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haskell Wexler |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Haskell Wexler na IMDb (en inglés).
- Documental sobre Medium Cool
- Haskell Wexler, ASC, Focuses on the Making of Matewan
- John Patterson, "Through a lens darkly", The Guardian, entrevista, 2 de xuño de 2006
- Underground Album en Smithsonian Folkways
- Entrevista a Wexler
- Haskell Wexler Dead at 93: Legendary Cinematographer, Activist Captured the Struggles of Our Times, Democracy Now!, 28 de decembro de 2015