Hator
Hator | |
---|---|
![]() | |
Tipo | deidade exipcia, deusa, deidade da fertilidade e horned deity (en) ![]() ![]() |
Venerado por | relixión do Antigo Exipto ![]() |
Parte de | mitoloxía exipcia ![]() |
Semellante a
| |
Biografía | |
Sexo | muller ![]() |
Familia | |
Pai | Ra (deus) ![]() |
Cónxuxe | Ra (deus) e Horus ![]() |
Fillo/a | Bastet ![]() |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] |

Hator[1] é unha deusa do Antigo Exipto do firmamento, o amor e a guerra. O seu nome, coas variantes Hwt-Hert, Het-Heru Het-hert ou Hut-Hor, ten o significado de Casa de Horus. Correspóndese coa deidade da mitoloxía grega Afrodita, coa fenicia Astarté e coa semita Baalat. Señora do ceo, deusa do amor, deusa nutricia, do baile e as artes musicais e patroa dos ebrios na mitoloxía exipcia.
Iconografía
[editar | editar a fonte]
|
ou
|
Aparece representada baixo tres aspectos: en forma de vaca, como muller con orellas e cornos do mesmo animal, ou como muller cun toucado consitente nunha peluca, cornos e un disco solar. O seu atributo era o sistro. Na súa faceta vingadora comparte en moitas ocasións o aspecto leonino da deusa Sekhmet, e baixo esta forma é considerada como un dos ollos do deus solar Ra.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Foi a nai do deus Horus, aínda que algunhas fontes suxiren que había un matrimonio sagrado con Horus como parte do festival anual en Luxor. Xuntos vingaron a morte do pai de Horus, o deus Osiris. Xa que o faraón é identificado con Horus, Hathor é considerada como a nai divina de cada monarca reinante (entre os títulos reais figura o de Fillo de Hathor).
Baixo a forma dunha vaca acolle e protexe os defuntos, ofrecéndolles alimentos aos mortos. Máis tarde identificouse con Isis, que a substituíu como madre de Horus.
En Dendera, onde se atopaba o seu principal centro de culto, era a deusa do amor, a maternidade, a beleza xuvenil, a alegría e o erotismo. Na súa faceta funeraria, especialmente na zona oeste de Tebas era denominada Señora de Occidente. Entendíase que cada atardecer recibía o sol poñente, ao que protexía ata o seguinte amencer.
Entre os seus poderes críase que podía fixar o destino e a sorte dos meniños.
Tivo templos dedicados en Abu Simbel – identificada con Nefertari –, File, Deir el-Medina, Deir el-Bahari, Dendera, Serabit el-Jadim (Sinaí) ou Menfis.
A imaxe da cabeza da deusa foi esculpida nos capiteis das columnas de moitos templos e capelas, denominándose capiteles hathóricos. Foi a única deidade representada de tan singular maneira.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Hathor. Museo de Luxor.
-
Deusa Athor do templo de Dendera.
-
Capitel hathórico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hator". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1039.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hator |