Hauksbók
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2014.) |
Hauksbók | |
---|---|
![]() | |
Lingua | nórdico antigo e lingua islandesa |
Xénero(s) | compilación |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Hauksbók (Libro de Haukr) é un manuscrito do século XIV obra do noruegués Haukr Erlendsson. Trátase dunha compilación de textos diversos.
Características
[editar | editar a fonte]É un dos poucos manuscritos noruegueses dos que se coñece a autoría, e desde o principio o manuscrito foi chamado Hausbók polo seu autor, Haukr Erlendsson (f. 1334), principal autor do texto e axudado por colaboradores. Evidencias paleográficas permitiron a Stefán Karlsson datar o manuscrito entre 1302 e 1310.[1]
O libro contén versións, ás veces as únicas versións amplas, dalgúns antigos textos islandeses, como o Landnámabók, a saga Fóstbrœðra, a Saga de Erik o Roxo, a Saga Hervarar e o Völuspá. Contén tamén unha sección de matemáticas de aproximadamente 6 ou 7 páxinas, chamada Algorismus. Este é o texto matemático máis antigo nun idioma escandinavo. Trátase probablemente dunha tradución do latín dalgunhas páxinas incluídas en libros máis antigos como Carmen de Algorismo de De Villa Dei de 1200, Liber Abaci de Fibonacci de 1202 e Algorismus Vulgaris de De Sacrobosco de 1230.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Karlsson, Stefán (1964). "Aldur Hauksbókar". Fróðskaparrit (13): 114–121.