Saltar ao contido

Hedwig and the Angry Inch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hedwig and the Angry Inch
Ficha técnica
DirectorJohn Cameron Mitchell
ProdutorChristine Vachon
GuiónJohn Cameron Mitchell
Stephen Trask
IntérpretesJohn Cameron Mitchell (Hansel Schmidt/Hedwig)
Miriam Shor (Yitzhak)
Stephen Trask (Skszp)
Theodore Liscinski (Jacek)
Rob Campbell (Krzysztof)
Michael Aronov (Schlatko)
Andrea Martin (Phyllis Stein)
Michael Pitt (Tommy Speck/Tommy Gnosis)
Alberta Watson (Hedwig Schmidt)
Gene Pyrz (pai de Hansel)
Maurice Dean Wint (Luther Robinson)
Rosie O'Donnell (ela mesma)
Dar Williams
Karen Hines
Mike Potter
PJ DeBoy
Ben Mayer-Goodman (Hansel de mozo)
MúsicaStephen Trask
FotografíaFrank G. DeMarco
MontaxeAndrew Marcus
DistribuidoraNew Line Cinema
Fine Line Features
Estrea20 de xullo de 2001
Duración95 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMusical
Orzamento$6 000 000
Na rede
http://wayback.archive.org/web/20120105111133/http://newline.com/properties/hedwigandtheangryinch.html
IMDB: tt0248845 Filmaffinity: 677791 Allocine: 35372 Rottentomatoes: m/hedwig_and_the_angry_inch Mojo: hedwigandtheangryinch Allmovie: v237124 TCM: 453999 Metacritic: movie/hedwig-and-the-angry-inch TV.com: movies/hedwig-and-the-angry-inch Editar o valor en Wikidata

Hedwig and the Angry Inch é unha película musical do ano 2001 feita nos EUA, baseada no musical do mesmo título sobre a vida ficticia dunha banda de rock and roll liderada por unha cantante transexual nada en Alemaña Oriental. A película foi adaptada e dirixida por John Cameron Mitchell, que tamén interpretou o papel principal. A música e as letras son de Stephen Trask. O musical logrou un seguimento de cult following[1] similar ao de The Rocky Horror Picture Show.

No ano 2001 gañou o premio ao mellor director e o premio da audiencia no Festival de Cinema de Sundance, así como o de mellor director novel da National Board of Review, os Gotham Awards, e a Los Angeles Film Critics Association. Mitchell recibiu un nomeamento para o Globo de Ouro ao mellor actor e o premio "Performance of the Year Award" da revista Premiere.

Hansel Schmidt (John Cameron Mitchell) é un "slip of a girlyboy" (especie de moza-mozo) nado en Berlín antes da construción do muro, fillo dunha artista e dun sarxento do exército dos EUA. A Hansel gústalle a filosofía e a música rock, pero non é feliz en Alemaña Oriental até que coñece a Luther Robinson (Maurice Dean Wint), un soldado estadounidense. Luther namórase de Hansel e deciden casar. O plan permitiría a Hansel deixar a Alemaña comunista pola capitalista do oeste, pero para casar a parella ten que estar formada por unha muller e un home. A nai de Hansel, Hedwig (Alberta Watson), dálle ao fillo o seu pasaporte e atopa un médico que lle faga a operación de cambio de sexo. Esta operación non sae de todo ben, e déixalle a Hansel –agora Hedwig– un anaco de carne disfuncional dunha polgada de tamaño entre as pernas.

Hedwig e Luther van vivir a Junction City (Kansas), pero Luther déixaa por un rapaz no seu primeiro aniversario de voda, xusto o día en que se anuncia a caída do muro de Berlín e a reunificación de Alemaña.

Hedwig recupérase da separación formando unha banda de rock canda a coreanas esposas de soldados do exército estadounidense (unha delas, a guitarrista, interpretada por Sook-Yin Lee). Hedwig coñece ao adolescente cristián Tommy Speck (Michael Pitt), co que escribe varias cancións. Hedwig dálle o nome artístico de "Tommy Gnosis", pero máis tarde el déixaa e logra converterse nunha estrela nos medios do rock grazas ás cancións que compuxeran xuntos. "Internacionalmente ignorada" Hedwig e maila súa banda de europeos do leste, the Angry Inch, (a polgada amolada), vense obrigados a manterse tocando en cafeterías e locais de striptease.

Ao longo da película Hedwig menciona o texto de Aristófanes no Symposium de Platón, onde se explica, como fai Hedwig na canción "The Origin of Love", as orixes do ser humano, pasando de ser unha esfera, a ter dúas caras, catro brazos e catro pernas. Os deuses enfadados dividen ester ser en dous, deixando ás persoas separadas con saudade da outra metade. Hedwig segue a Tommy na súa xira.

Números musicais

[editar | editar a fonte]
  1. "Tear Me Down"
  2. "Random Number Generation"
  3. "Tear Me Down" (versión de Tommy Gnosis)
  4. "The Origin of Love"
  5. "Sugar Daddy"
  6. "The Angry Inch"
  7. "Wig in a Box"
  8. "The Origin of Love" (versión de Tommy Gnosis)
  9. "Wicked Little Town"
  10. "I Will Always Love You"
  11. "The Long Grift"
  12. "Nailed"
  13. "Freaks" (versión na BSO con Girls Against Boys)
  14. "In Your Arms Tonight"
  15. "Hedwig's Lament"
  16. "Exquisite Corpse"
  17. "Wicked Little Town (Reprise)"
  18. "Midnight Radio"

Para a banda sonora da película, as cancións de Hedwig foron gravadas por John Cameron Mitchell (voz), Stephen Trask, Miriam Shor, Bob Mould (de Hüsker Dü), Ted Liscinski, Perry L. James, Alexis Fleisig, e Eli Janney.

As cancións de Tommy Gnosis foron gravadas por Stephen Trask (voz), Miriam Shor, Bob Mould, Ted Liscinski, Perry L. James, Scott McCloud, Eli Janney, Alexis Fleisig, e Johnny Temple.

Produción

[editar | editar a fonte]

Segundo se menciona nos extras do DVD, a maior parte das voces principais foron gravadas durante a propia rodaxe das escenas, para capturar a intensidade dunha actuación en directo.

Para semellar unha persoa transexual, Mitchell debía barbearse decote cunha máquina eléctrica, xa que os cortes aparecían na gravación.

A versión en DVD da película inclúe numerosas escenas suprimidas, coma cando coñece en Croacia a Yitzhak (que fora drag queen co nome de "Krystal Nacht").

  1. www.avclub.com: "The New Cult Canon - Hedwig And The Angry Inch"] (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]