Hegoalde
Localización | |||
---|---|---|---|
Contén a división administrativa | Comprende os territorios da Comunidade Autónoma Vasca, e da Comunidade Foral de Navarra. No mapa da provincia de Álava inclúsese o condado de Treviño. | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Hegoalde (en éuscaro 'Parte Sur'),[1] País Vasco sur, País Vasco español ou País Vasco peninsular[2][3] son algúns dos distintos nomes que se usan para facer referencia a aqueles territorios do histórico País Vasco baixo administración española, en contraposición a aqueles que están baixo administración francesa, o Iparralde.
Situación
[editar | editar a fonte]O Hegoalde atópase ao sur do Bidasoa, río fronteirizo entre España e Francia. Constitúese coas provincias (herrialdes) (de Áraba, Biscaia e Guipúscoa na Comunidade Autónoma Vasca) xuntamente coa provincia de Navarra (Comunidade Foral de Navarra).
Lingua
[editar | editar a fonte]A diferenza de Iparralde, tamén chamado Euskadi continental e País Vasco Francés, onde só é oficial a lingua francesa e o éuscaro non é oficial,[4] a lingua éuscara é oficial en toda a Comunidade Autónoma Vasca e nunha zona da Comunidade Foral de Navarra. O castelán é cooficial en todo Hegoalde.[5]
Notas
- ↑ Fundazioa, Elhuyar. "hegoalde". Elhuyar Hiztegia (en éuscaro). Consultado o 2024-08-04.
- ↑ Algúns, como o político e escritor Iñaki Anasagasti, consideran que non é axeitado usar o termo Hegoalde, aínda que significa literalmente "parte sur" en éuscaro, porque simplifica e distorsiona a realidade xeográfica e política.
- ↑ "Iparralde-no-es-el-norte-y-Hegoalde-no-es-el-sur". ianasagasti (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2024.
- ↑ "History of euskara". EKE (en inglés). Consultado o 2024-08-04.
- ↑ Anne-Marie (2019-08-27). "5 Facts About Euskara, the Basque Language". HELLA BASQUE (en inglés). Consultado o 2024-08-04.