Saltar ao contido

Hei tiki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hei tiki

Un hei tiki é unha figuriña maorí con forma de feto humano ou humanoide que normalmente só levan as mulleres, a modo de colar, como talismán da fertilidade. A maxia atribuída a un hei tiki vaise incrementando de xeito que pasa dunha xeración a outra e, en especial, se pertenceu a alguén de prestixio.

Hei tiki na moeda de ½ penique neozelandés (1940).

Para algúns, o hei tiki serve de protección contra os vengativos espíritos dos nenos nacidos mortos, mentres que outros sosteñen que é unha representación de Tiki, deus polinesio creador da vida.

Os hei tikis adoitan estar esculpidos en nefrita e son moi codiciados por coleccionistas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • T. R. Hiroa (Sir Peter Buck), The Coming of the Maori. Segunda edición, publicada en 1949. Wellington: Whitcombe and Tombs 1974.