Heinrich Wilhelm Dove
Aparencia
Heinrich Wilhelm Dove, nado en Liegnitz (Prusia, hoxe Polonia), o 6 de outubro de 1803 e finado en Berlín o 4 de abril de 1879, foi un físico e meteorólogo alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor na Universidade de Königsberg (hoxe Kaliningrado, Rusia) e na Universidade Humboldt de Berlín. Foi o primeiro en decatarse de que os ciclóns xiran en sentido horario no Hemisferio Sur e en sentido antihorario no Hemisferio Norte. Tamén estudou o efecto do clima no crecemento das plantas.
A el débese a descuberta da escoita binaural e foi o primeiro en medir a intensidade da corrente eléctrica inducida nun cable por un campo magnético ao se extinguir.
O cráter Dove da lúa débelle o seu nome.